Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

A experta Mónica Novás Dios impartirá este venres en Tui unha charla sobre “Como evitar as relacións tóxicas”

Undefined

A psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero Mónica Novas Dios impartirá este venres, 21 de febreiro, ás 19.30 h na Sala Xacobeo do Edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica unha charla titulada “Como evitar as relacións tóxicas”.  Este evento está organizado pola Concellería de Igualdade que dirixe a concelleira Ana Maria Núñez.

Tui súmase aos actos do Día Mundial da SIDA

Undefined

A casa do concello de Tui iluminarase de vermello na noite deste sábado ao domingo con motivo do Día Mundial da SIDA que se celebra este domingo 1 de decembro. O lema deste ano é “As comunidades marcan a diferenza” co que se quere recoñecer o papel fundamental que as comunidades teñen desempeñado e continúan a desempeñar na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

As siluetas femininas de “Tui soña” realizada polos escolares tudenses están expostas na casa do concello

Undefined

A casa do concello acolle até este venres a exposición das siluetas de mulleres do proxecto “Tui soña”. Todos os centros educativos de Tui participaron nesta iniciativa da concellería de Igualdade convocada co gallo do 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  Con este proxecto traballouse coas novas xeracións dende a educación sobre este tema.

Este sábado impartirase un curso gratuíto de autodefensa para mulleres

Undefined

Dentro da campaña “Tui en Negro” que se está a desenvolver en Tui promovida polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, este sábado impartirase o curso  “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”, que foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Este domingo realízase a I Andaina “Camiño á liberdade” contra a violencia de xénero dentro da campaña “Tui en negro” polos muíños do Tripes

Undefined

Dentro da campaña “Tui en Negro” este domingo vaise realizar a I Andaina “Camiño á liberdade” contra a violencia de xénero. Sairá ás 11 h dende a praza de San Fernando para realizar un percorrido pola ruta dos Muíños do río Tripes, onde haberá unha muiñada. A ruta ten unha dificultade doada e o tempo estimado é de 2 h 30 minutos. 

Para participar nesta andaina é preciso inscribirse até o propio domingo na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.

Pages

Subscribe to RSS - Igualdade