Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Xabier Díaz e Adufeiras e Arxe actúan no II Festival da Cultural Tradicional e Folk

Undefined

A praza de San Fernando e o Paseo da Corredoira serán os escenarios do II Festival da Cultural Tradicional e Folk que se celebra este venres, sábado, e domingo en Tui organizado pola Asociación Cultural San Telmo. Este evento abre a programación cultural do verán en Tui.

Na presentación do festival participaron Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, de Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente,  Conchi Sales e a Ana Mª Pereira Sousa da Asociación Cultural San Telmo, Marcos Campos e Alba Faro do grupo Arxe e Xabier Díaz.

Tui acolle este verán catro festivais, concertos e cinema

Undefined

Dende este venres, 8 de xullo, e até o luns 29 de agosto, vaise celebrar en Tui a programación cultural do verán cunha ampla oferta na que terán lugar catro festivais - II Festival da Cultural Tradicional e Folk, FIAR, Música no Claustro e IKFEM- , concertos de Xoel López, a Banda de Gaitas de Paramos, Raquel Areal, Sara Areal e Karla Martínez, cinema ao aire libre e a Festa do Miño.

O Concello de Tui recibe a doazón dun óleo de Eduardo Padín

Undefined

No salón de sesións da casa do Concello tivo lugar este mediodía o acto de entrega dun óleo da autoría do pintor tudense Eduardo R. Padín Rodríguez ao Concello de Tui por parte de Mercedes Álvarez Caramés.

No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación municipal, Mercedes Álvarez Caramés e membros da súa familia.

A conmemoración dos Xogos Florais de Galicia celebrarase no salón de plenos da casa do concello

Undefined

O acto conmemorativo do 131 aniversario dos Xogos Florais de Galicia previsto para mañá venres, 24 de xuño, trasládase aos Salón de Plenos de Casa do Concello ante a previsión de choiva, xa que inicialmente se ía celebrar na praza de Fromista.

A partir das 20 h terá lugar un recital poético no que participarán os e as poetas Marta Dacosta, Gonzalo Navaza, Lorena Conde e Marga do Val. Contarase coa actuación da arpista Marta Quintana

O alumnado de Pazos de Reis que escribiu unha carta a León de Rosmithal, peregrino do s. XV, foi agasallado polo concello

Undefined

O Concello de Tui editou, no pasado ano, un caderno didáctico e un mapa para conmemorar o 555 aniversario do paso por Tui de León de Rosmithal camiño de Santiago de Compostela. Foi en 1.466 cando o nobre León de Rosmithal pasou por Tui, xunto a súa ampla comitiva, tanto na viaxe de ida coma de volta da súa peregrinación á tumba do apóstolo Santiago en Compostela.

Recital poético conmemorativo do CXXXI aniversario dos Xogos Florais de Galicia o venres 24 de xuño ás 20 h

Undefined

O Concello de Tui, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará o CXXXI aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia. Tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 marcando un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.

O Conservatorio de Tui incorporará no próximo curso 2022-23 o Grao Elemental

Undefined

O Conservatorio Profesional de Música de Tui impartirá dende o próximo curso escolar 2022/23 o Grao Elemental. O pasado martes, 14 de xuño, publicouse no DOGA a autorización das ensinanzas elementais de música por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Deste xeito o centro tudense impartirá ensinanzas regradas elementais de música en quince especialidades instrumentais: piano, guitarra, violín, clarinete, guitarra eléctrica, frauta traversa, gaita, saxofón, percusión, óboe, viola, violonchelo, trompeta, trombón e tuba.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura