Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A película Arrietty chega este venres 12 de agosto ao Paseo Fluvial

Undefined

Este venres, 12 de agosto, proxéctase no Paseo Fluvial a película de animación xaponesa Arrietty e o mundo dos diminutos, adaptación do conto infantil "The Borrowers" de Mary Norton e ambientada no Tokio contemporáneo. Será ás 22.00 no Paseo Fluvial, con entrada gratuíta e libre. O filme foi premiado no ano 2010 pola Academia Japonesa como Mellor filme de animación

As violinistas Sara e Raquel Areal e a pianista Karla Martínez ofrecen mañá venres o concerto “Volta ás orixes”

Undefined

A música volverá encher mañá pola noite a praza de San Fernando co concerto “Volta ás orixes” a cargo das violinistas tudenses Sara Areal e Raquel Areal e Karla Martínez.  Este evento musical comezará ás 22.15 h con entrada libre.

Volve á festa gastronómica dentro da programación da Festa do Miño o 13 de agosto

Undefined

O sábado, 13 de agosto, volverá celebrarse unha nova edición da Festa do Miño, un evento que se estenderá ao longo da xornada con múltiples actividades dende a romaría popular, e o descenso popular do Miño, á Festa Gastronómica e o concerto da Banda Xangai.

Ante a celebración da Festa Gastronómica o concello de Tui á próxima semana o prazo para que as asociacións culturais tudenses soliciten a súa participación na mesma cun posto de venda directa de comida tradicional. 

A banda de gaitas San Xoán de Paramos ofrecerá mañá en Tui o concerto do Día de Galicia

Undefined

A banda de gaitas de San Xoán de Paramos actuará mañá domingo, 24 de xullo, no Paseo Fluvial nun concerto moi especial polo Día de Galicia. Dende as 22.15 horas da noite, interpretarán pezas de distintos xéneros, mesturando música tradicional e moderna, nunha actuación moi agardada e que fará as delicias do público. 

Unha decena de espectáculos de artes de rúa porán o broche final do FIAR na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Teatro, música e marinetas de gran tamaño conquistaron xa hoxe as rúas e prazas da Eurocidade Tui-Valença na segunda edición do Festival Internacional de Artes de Rúa, FIAR. O festival, con entrada gratuíta, presenta novos espectáculo mañá sábado e o domingo. 

A exposición fotográfica “Camiño Branco. Camiño Antártico” pode visitarse en Tui até finais de agosto

Undefined

Dende hoxe pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a exposición “Camiño Branco. Camiño Antártico” composta por 62 fotografías que documentan os máis de 14 mil quilómetros da ruta xacobea máis longa até a data.

Seis espectáculos de artes de rúa abren a primeira xornada do FIAR na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença a celebración da segunda edición do Festival Internacional de Artes de Rúa, FIAR. Dende mañá venres e até o domingo o público poderá gozar de espectáculos de danza, música, clown, malabares, da man de artistas  galego, portugueses, italianos e franceses.

Barrosanta representa “Ragazzo” o martes ás 21.30 h no Teatro Municipal

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle o próximo martes, 19 de xullo, ás 21.30 h a representación da obra teatral ‘Ragazzo’, interpretada por Anxo Outumuro,  dirixida por Xavier Castiñeira, e con dramaturxia de Lali Álvarez.

A peza de teatro, obra da produtora Barrosanta, conta a historia real de Carlo Giuliani, un mozo activista italiano de 23 anos que foi asasinado a mans da policía de Xénova o 20 de xullo de 2001 nunha manifestación contra o cumio do G8.

A eurocidade Tui-Valença convértese na capital das artes de rúa co FIAR

Undefined

24 funcións,  17 espectáculos e 5 localizacións conforman a segunda edición de FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa que terá lugar o venres 22, sábado 23 e domingo 24 na Eurocidade Tui-Valença financiado con fondos europeos do Interreg España – Portugal a través do proxecto Unicidade.

A presentación do festival tivo lugar esta mañá na antiga alfándega de Valença por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira.

Presentación do Festival Internacional de Artes de Rúa, FIAR

Undefined

Mañá venres, 15 de xullo, ás 11 h na antiga alfándega de Valença terá lugar a presentación do Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença, FIAR que se vai celebrar do venres 22 ao domingo 24 deste mes de xullo.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura