Pancho Álvarez está a ofrecer concertos didácticos para o alumnado tudense
O músico afincado en Tui Pancho Álvarez está a ofrecer nos centros educativos tudenses o concerto didáctico “Cordas históricas” co patrocinio do Concello de Tui.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
O músico afincado en Tui Pancho Álvarez está a ofrecer nos centros educativos tudenses o concerto didáctico “Cordas históricas” co patrocinio do Concello de Tui.
Mañá xoves, 12 de maio, ás 20 h a Biblioteca Municipal de Tui acollerá a presentación do novo libro do investigador tudense e cronista oficial da cidade Ernesto Iglesias Almeida, titulado “Dicionario de palabras galegas antigas, moitas delas en desuso, tomadas de documentos medievais”.
No acto contarase coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do historiador Xosé Manuel Suárez, xunto ao propio autor.
Literatura e artesanía tomarán esta ponte festiva as rúas e prazas de Tui con dobre celebración. Dende este sábado e até o martes a rúa Ordóñez, e as prazas do Concello e San Fernando acollerán a XXIV Feira de Artesanía, e o martes no Paseo da Corredoira celébrase a XXIII Feira do Libro Galego.
Maña martes, 10 de maio, ás 11.30 h, na sala de concelleiros da casa do concello de tui terá lugar a presentación da XXIV Feira de Artesanía, que se vai celebrar do sábado 14 ao martes 17 de maio, e da XXIII Feira do Libro Galego que desenvolverá o martes 17 de maio coincidindo co Día das Letras Galegas.
Comeza a rodar a programación de actividades arredor da celebración do Día das Letras Galegas que promove o Concello de Tui baixo a denominación de “Tui en letras” e que abrangue os meses de maio e xuño con ata catorce actividades.
Mañá martes, 10 de maio,ás 17.30 h abre a xeira de actividades na Biblioteca Municipal o contacontos “Olivia e o clarinete máxico” a cargo de Francisco Álvarez “Koki”. Esta actividade vai dirixida nenos e nenas de ata dez anos de idade. A entrada é de balde ata completar o aforo.
O próximo mércores, 4 de maio, comeza en Tui a décimo oitava edición de Play Doc. O festival tudense cumpre a súa maioría de idade volvendo a súa data habitual na primavera, cunha programación con marcado carácter internacional pero sen perder de vista o local e a produción audiovisual galega.
O próximo martes, 3 de maio, ás 20 h, na zona anexa da Sala Municipal de Exposicións inaugurarase a exposición “Lebres coma gacelas” promovida pola Deputación de Pontevedra. No acto inaugural haberá un recital poético a cargo de dúas voces da poética feminina de Galicia, Lorenza Conde e Miriam Ferradás, xunto a interpretación de varias pezas musicais a cargo de instrumentistas do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
Mañá venres, 29 de abril, ás 11 horas, no Teatro Municipal terá lugar a presentación do XVIII Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui, que se vai celebrar do mércores 4 ao domingo 8 de maio.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, do director da AGADIC, Jacobo Sutil, da deputada de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso, e o codirector do festival, Ángel Sánchez.
Tui vivirá unha intensa fin de semana de festas de San Telmo, declaradas de interese turístico galego, con actividades culturais, musicais, deportivas, gastronómicas e relixiosas que congregarán a miles de persoas na cidade até o próximo luns, festivo local.
O libro das Festas de San Telmo de 2022 está conformado por escritos e gráficos sobre as festas e a cidade. Entre eles os pregóns das festas de 1972 de Darío Álvarez Blázquez, de 1981 de Eliseo Alonso ou de 1984 de Carlos Casares.Tamén escritos de Suso Vila, Ernesto Iglesias Almeida ou Rafael Sánchez Bargiela. Baixo o título de “Ars tudensis” recóllese un amplo artigo sobre a relación dos tudenses coa arte. Todo isto ilustrado con fotografías actuais da cidade e outras imaxes de Tui do arquivo da Casa Loty.