Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O espectáculo “Cómicas, habelas hainas” chega mañá ao Teatro Municipal de Tui

Undefined

Mañá xoves, 16 de marzo, ás 20.30 h chega ao Teatro Municipal de Tui  o espectáculo “Cómicas, habelas hainas! Chega a Tui da man da Deputación de Pontevedra e forma parte do programa do Concello de Tui para conmemorar o 8M, o Día Internacional das Mulleres. Será unha cita de humor e comedia, poñendo en valor ás cómicas mulleres. Esta función, un exemplo do recoñecido programa El club de la comedia, correrá a cargo das cómicas galegas Marta Doviro, Jazmín Abuín e Arantxa Treus, coa presentación de Bárbara Grandío.

O murciano Rubén Lucas García gañador do concurso do cartel das Festas de San Telmo 2023

Undefined

As festas de San Telmo xa teñen cartel anunciador. É o realizado por Rubén Lucas García que gañou o concurso convocado polo Concello con esta finalidade. O xurado valorou na obra deste deseñador de Murcia a calidade técnica e conceptual da proposta gañadora así coma o feito de recoller no deseño os valores e significado das festas, reflectindo o carácter festivo. A obra gañadora recibirá un premio de 700 euros.

Un total de 12 traballos foron presentados ao concurso de carteis convocado polo Concello para a elección da imaxe anunciadora das festas patronais de San Telmo 2023.

O cinema volve a Tui este venres coa proxección de ‘Canta 2’

Undefined

Este venres, 17 de marzo, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui haberá cita cinematográfica para público familiar da man do filme ‘Canta 2’, a secuela da película xa proxectada na cidade, ‘Canta’.

Esta será a última cita da programación teatral de febreiro e marzo en Tui. ‘Canta 2’ conta a historia de Bluster Moon e o seu elenco de estrelas, que se están preparando para estrear a súa actuación máis impresionante ata a data. Pero antes teñen que persuadir ó rockeiro máis solitario e huraño do mundo: unha vella gloria interpretada polo lexendario icono musical Bono.

A maxia chega a Tui con “A igualdade non ten truco” este venres ás 19:30 h

Undefined

Este venres volve a actividade ao Teatro Municipal de Tui con Magia en la manga e o seu espectáculo “A igualdade non ten truco”, unha función que avoga pola igualdade entre homes e mulleres no mundo da maxia.

Carlos Tomico Pérez e Sara Rodríguez Martínez conforman o elenco deste espectáculo de ilusionismo que busca promover a igualdade de xénero a través das vivencias de mulleres magas. Con diversión e maxia, “A igualdade non ten truco” transmite unha mensaxe esencial para a sociedade actual nunha función para todos os públicos.

As solicitudes para a montaxe de postos e atraccións nas festas de San Telmo débense presentar do 27 de febreiro ao 8 de marzo

Undefined

Dende mañá luns, 27 de febreiro, e ate o mércores 8 de marzo, pódense presentar as solicitudes para a montaxe de postos e atraccións nas festas de San Telmo 2023.

As solicitudes deben presentarse por rexistro de entrada na casa do Concello ou por sede electrónica en http://concellotui.sedelectronica.gal.

A continuación figura o impreso de solicitude e os anexos. 

O Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado

Undefined

O próximo mércores, 1 de marzo, cúmprense 209 anos do nacemento en Tui de Rosendo Salvado. Por este motivo o Concello de Tui organiza as Xornadas Rosendo Salvado do luns 27 de febreiro ao xoves 2 de marzo.

Logo do interese suscitado polas xornadas celebradas o pasado ano, o Concello de Tui dalle continuidade a esta iniciativa programando para a vindeira semana diversas inicitivas arredor da figura poliédrica de Rosendo Salvado.

O Concello de Tui acolle a presentación en Galicia e Norte do Portugal do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”

Undefined

O próximo mércores, 1 de marzo, celebrarase en Tui unha xornada de presentación do proxecto “Kaminos: De Sefarad al nuevo mundo”, que nace coa vocación de crear catro rutas transfronteirizas en torno ao patrimonio xudeu que compartimos España e Portugal.

O Concello de Tui acollerá esta presentación en colaboración coa Red de Juderías de España e especialmente cos municipios galegos de Monforte de Lemos e Ribadavia, que ao igual que Tui forman parte tamén da Red de Juderías.

Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau

Undefined

Este domingo, 26 de febreiro,  celebrarase en Tui o Enterro do Bacallau, que despedirá o Entroido na localidade. A partir das 19.30 h, miles de persoas partirán en comitiva dende a praza de San Fernando para despedir o Entroido, nun desfile ao que asistirán as once comparsas que participaron no desfile-concurso do Martes de Entroido, xunto a todas aquelas persoas que o desexen, sempre de rigoroso loito.

“2023 A Odisea Tudense” de Cantos Somos gañadora absoluta do desfile concurso de Entroido en Tui

Undefined

Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas novas de Tui para presenciar o desfile-concurso de Entroido que volveu con todo o seu esplendor nunha tarde na que o corido, a imaxinación, a sátira, o humor, as coreografías luciron ao longo do percorrido.

O Concello de Tui presenta o logotipo do Ano Francisco Sánchez

Undefined

Este 2023 é o Ano Francisco Sánchez en Tui. Coincidindo co 400 aniversario do falecemento deste médico, filósofo e polifacético tudense a corporación municipal acordo en pleno o 24 de novembro de 2022 declarar este 2023 coma o ano de Francisco Sánchez levando a cabo distintas medidas, entre elas, diferentes actos para poñer en valor o seu legado.

O Concello de Tui elaborou un logotipo cunha imaxe de Francisco Sánchez do século XVI que será empregado para a difusión da súa figura e das actividades que ao longo do ano se van celebrar.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura