Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Catro agrupacións tudenses protagonizan o venres 30 o concerto de Fin de Ano

Undefined

Seguindo a tradición Tui vai despedir o ano con música co Concerto de Fin de Ano que se vai celebrar o próximo venres, 30 de decembro, ás 20.30 h no Teatro Municipal, a cargo de catro agrupacións tudenses  a Banda de Música Popular de Tui, a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, a Coral Polifónica Ponte das Febres e a Coral San Telmo de Tui, e baixo a dirección artística de Eloy Carrera.

Ao longo de 60 minutos as catro agrupacións ofrecerán un programa marcado polas composicións de Nadal pero no que haberá tamén oco para bandas sonoras.

O Planetario Viaxando polo Universo poderá visitarse en Tui do 2 ao 4 de xaneiro

Undefined

Na programación "Tui, o Camiño do Nadal" a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá entre o luns 2 e mércores 4 de xaneiro o “Planetario viaxando polo universo” unha actividade divulgación científica dirixida a todas as persoas interesadas no mundo da astronomía. Haberá sesións diarias ás 12.00 h, 12.45 h, 13.30, 17.00, 17.45 e 18.30 h con capacidade limitada en cada quenda. Para asistir é preciso inscrición previa no correo electrónico en biblioteca@tui.gal  ou presencialmente no propio centro bibliotecario indicando un telefono de contacto.

O alumnado do Conservatorio e da Escola de Música ofrece este mércores o seu concerto solidario de Nadal

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle este mércores, 21 de decembro, ás 20 h o primeiro dos tres concertos previstos dentro da programación Tui, o Camiño do Nadal.

O alumnado do Conservatorio Elemental, Profesional e da Escola de Música de Tui será o encargado deste primeiro evento musical que comezará ás 20 h. No mesmo música e solidariedade irán da man, xa que a entrada ao concerto serán alimentos non perecedoiros, preferiblemente leite, aceite e cacao, que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.

O Apalpador chega o luns a Tui

Undefined

O Apalpador chegará o próximo luns, 19 de decembro, ás 19 h a Tui. Durante unha hora fará un percorrido polo centro urbano dende o Paseo da Corredoira interactuando co público e levando a música e as súas historias a pequenos e maiores. O Apalpador, o seu burro Río Lor, e o acordeonista Servando Barreiro darán a coñecer a tradición galega do Nadal ás nenas e nenos fomentando o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable e dinamizando a lingua galega.

A Eurocidade Tui-Valença celebra o Nadal co concerto “Maxicamente”

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o Nadal cun concerto no que volve tender pontes musicais entre os dous municipios. Nesta ocasión será o venres, 23 de decembro, ás 21.30 h ES, no Teatro Municipal, nun evento musical titulado “Maxicamente” no que se propón unha viaxe musical na procura da maxia de todos levamos dentro.

Tui propón un percorrido pola súa decoración de Nadal

Undefined

A maxia do Nadal inunda as rúas de Tui, enchendo de cores, luces, casiñas de madeira, renos, réplicas da Catedral de Santa María ou da ponte internacional icónicos puntos da cidade.  Estes elementos veñen recollidos no rueiro de Nadal editado polo Concello que se pode descargar na web municipal ou obter impreso na Oficina de Turismo

O percorrido comeza na rúa Ourense, onde pode atoparse unha recreación en madeira dunha aldea dunha postal de Nadal que, acompañada cun luminoso que desexa unhas boas festas á cidadanía, dando a benvida ao Nadal tudense.

A Biblioteca Municipal organiza obradoiros de Nadal do 26 ao 30 de decembro

Undefined

Dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal" a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá do luns 26 ao venres 30 de decembro un total de cinco obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos. 

Para asistir é preciso inscrición previa ben por correo electrónico en biblioteca@tui.gal ou presencialmente no propio centro bibliotecario indicando idade do neno ou nena así como un telefono de contacto.

A postal de Nadal de Alba Míguez Martínez do CEIP de Rebordáns gañadora do concurso convocado polo Concello de Tui

Undefined

A postal presentada pola alumna de 5º curso de Educación Primaria do CEIP de Rebordáns, Alba Míguez Martínez, acadou o primeiro premio do Concurso de Postal de Nadal 2022 convocado polo Concello de Tui para a elección da postal navideña que distribuirá o concello de tudense neste ano 2022

A animación musical volve á Eurocidade Tui-Valença co programa “Música na rúa”

Undefined

Esta fin de semana a animación musical volve ás rúas da Eurocidade Tui-Valença tras a actuación de seis agrupacións dos dous municipios no programa “Corais na rúa” a pasada semana.

Nesta ocasión serán catro entidades as que actuarán no Jardim Municipal de Valença e no Paseo da Corredoira en Tui, dentro do programa “Música na rúa”. Serán as charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos, e os grupos valencianos Trío Na(tal) e Río Abaixo os que actuarán tanto o sábado 17 coma o domingo 18.

Tui, o Camiño do Nadal

Undefined

"Tui, o Camiño do Nadal" é o lema do Nadal 2022 en Tui. As luces e a decoración de rúa enchen da maxia destes días a cidade.

 

Nas rúas e prazas de Tui pódese ver a decoración de Nadal. No seguinte rueiro están ubicados os distintos elementos. 

 

 

Pages

Subscribe to RSS - Cultura