Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Procesos selectivos docentes para cursos AFD

Undefined

O Concello de Tui, abre procesos selectivos para o  nomeamento interino dos seguintes docentes:

1.-Un docente para a impartición dos contidos formativos do certificado de profesionalidade “MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería” e do seu módulo de prácticas profesionais non laborais.

2.-Un docente para a impartición módulo para a impartición dos contidos formativos “FCOXXX26 Básico de prevención de riscos laborais” como módulo transversal do certificado de profesionalidade “MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería”.

Proceso selectivo operarios obras oferta 2019

Undefined

No BOPPO de hoxe día 25/01/2023, se publica a lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso de selección de 3 operarios de obras da oferta de 2019. Asemade se indica que a data de realización da primeira proba do proceso de selección será o martes día 07/02/2023 as 09:00 horas na nave de maquinaria do Concello, sita en Albelos Guillarei s/n. Para ubicación pinchar aquí

En febreiro comezan dous cursos de "Venda de produtos e servizos turísticos" e "Instalación de elementos de carpintería".

Undefined

En febreiro comezan dous novos cursos cos que o alumnado participante poder obter os certificados de profesionalidade de "Venda de produtos e servizos turísticos" e "Instalación de elementos de carpintería".

Pódese ampliar a información no Centro Municipal de Formación e Emprego, en Guillarei, no  670 24 56 33  ou no correo cfo@tui.gal.

Proceso selectivo funcionario carreira auxiliar de arquivo e biblioteca oferta 2019

Undefined

O día 13/01/2023, realizouse o segundo exercicio do proceso selectivo de auxiliar de arquivo e biblioteca, dado que todos os aspirantes que superaron o mesmo dispoñían do celga correspondente, se estipulou a exención de dita proba, o tribunal publica as puntuacións provisionais e propón o candidato a nomear, dispondo os aspirantes de 3 días hábiles para presentar alegacións . Prazo que remata o  19/01/2023. Transcorrido este prazo, sen presentarse alegacións as puntuacións provisionais se considerarán definitivas.

Proc auxiliar arquivo e biblioteca

Undefined

Reunido o tribunal do proceso selectivo dunha praza de auxiliar de arquivo e biblioteca funcionario de carreira para a resolución das alegacións presentadas en tempo e forma, adoptou o acordo que figura no certificado. 

O segundo exercicio tal é coma se acordou na acta segunda será o vindeiro o 13 de xaneiro de 2023 as 09:00 horas, nas dependencias da Area Panorámica – sala Cemit sita en Rúa Colon nº 2 36700 Tui.

Para mais información prema aquí

Proceso selectivo auxiliar arquivo-biblioteca

Undefined

Reunido o tribunal do proceso selectivo dunha praza de auxiliar de arquivo e biblioteca funcionario de carreira e unha vez finalizado o primeiro exercicio publicase as puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións a ditas puntuacións. Prazo que remata o vindeiro luns día 26/12/2022

Asemade o tribunal sinalou coma data para a realización do segundo exercicio o día 13/01/2023 as 09:00 horas na aula CEMIT sita no edificio da Área Panóramica, sita na rúa colón nº 2 36700 Tui.

Proceso selectivo praza funcionario de carreira auxiliar de arquivo e biblioteca

Undefined

Con data 29/11/2022 publicouse no BOPPO anuncio coa lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo dunha praza de auxiliar de arquivo e biblioteca funcionario de carreira pertencente a oferta do ano 2019,  e sinalouse coma data de realización do primeiro exercicio o día 20/12/2022 as 11:30 horas no edificio da Área Panorámica sito na rúa Colón nº2  de Tui.

Os aspirantes deben acudir con documento que acredite a súa identidade e con lapis e goma.

 

Proceso selectivo 3 operarios de obras funcionarios carreira

Undefined

Con data 17/11/2022 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a listaxe provisional de admitidos e excluídos, nomeamento de tribunal, e prazo de alegacións á listaxe provisional, dentro do proceso de selección de 3 operarios de obras funcionarios de carreira (oferta 2019). 

Debido a que  resolución contiña un erro na denominación das prazas, mediante Resolución de data 18/11/2022 se rectificou a lista provisional de admitidos e excluídos. Cuxo anuncio se publicou o día 23/11/2022 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego