Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo lista de reserva auxiliares administrativos

Undefined

Finalizado o prazo de presentación de instancias, mediante Resolución da concellaría delegada de persoal de data 17/03/2023, se ditou a relación provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección para a formación de lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de auxiliar administrativo. O prazo para presentar alegacións é de tres días hábiles, prazo que remata o vindeiro mércores día 22/03/2023.

Proceso selección auxiliar administrativo Plan Concellos 2023

Undefined

Unha vez realizadas as probas selectivas do proceso de contratación dun auxiliar administrativo dentro do Plan Concellos 2023, o tribunal publica as puntuacións provisionais; dado que existe empate nas puntuacións que non se pode  dirimir cos criterios previstos nas bases de selección, o tribunal convoca aos aspirantes empatados para o vindeiro mércores día 22/03/2023 as 08:15 horas para a realización do sorteo de desempate.

Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles (ata o 21/03/2023) para presentar alegacións as puntuacións provisionais.

Proceso selectivo 14 peóns horticultura e xardinería Plan Concellos 2023

Undefined

Con data 13/03/2023, tivo lugar a proba selectiva para a contratación de 14 peóns de horticultura e xardineria dentro da liña 3 do Plan concellos da Deputación de Pontevedra. O tribunal publica as puntuacións provisionais, concedendose asemade un prazo de 3 días hábiles para presentar alegacións. (prazo que remata o vindeiro venres día 17/03/2023)

Proceso operarios obras

Undefined

Unha vez celebrada a proba de galego, o tribunal publica as puntuacións provisionais, e a proposición de candidatos a nomear funcionarios de carreira do proceso selectivo de tres prazas de operarios de obras funcionarios de carreira, indicando aos aspirantes que unha vez as puntuacións sexan definitivas teñen 20 días para a presentación da documentación necesaria para o seu nomeamento. Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións (prazo que remata o día 16/03/2023).

Proceso selectivo operarios obras funcionarios carreira

Undefined

Con data 02/03/2023 realizouse o segundo exame do proceso de selección, o que se publica para coñecemento dos  aspirantes os cales teñen 3 días hábiles para presentar alegacións a ditas puntuacións provisionais, Asemade o tribunal sinalou coma data para a realización da proba de galego para aqueles aspirantes que non dispoñen de celga 2 para o día 10/03/2023 as 09:00 horas no centro de formación sito en Albelos Guillarei s/n

O luns ás 9.30 h realizaranse as probas de selección para o alumnado do curso de Venda de Produtos e Servizos Turísticos (Hotg0208)”

Undefined

O próximo luns, 27 de febrero, as 9.30 h terán lugar no Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei as probas de selección do alumnado para o curso “Venda De Produtos E Servizos Turísticos (Hotg0208)”.

Este curso está cofinanciado pola Xunta de Galicia – Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O número de prazas é de 14. As datas previstas de realización son do 8 de marzo ao 28 de setembro de 2023 en horario de 9:00 a 14:00 h.

Proceso selección docente modulos sensibilización e igualdade

Undefined

Mediante Resolución da Concellaría delegada de persoal de data 17/02/2023, se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección dun docente para a impartición dos contidos formativos “FCOO03 Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero ” e “FCOXXX24 Formación para a igualdade” como módulos transversais para cada un dos certificados de profesionalidade “MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería” e “HOTG0208 Venda de produtos e servizos turísticos”, asemade se concede un prazo de 1 día hábil para a presentación de alegacións.

Tui contratará a 17 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos

Undefined

O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas a través da Liña 3 do Plan Concellos para a activación do emprego da Deputación.

En concreto será unha persoa auxiliar administrativa e 14 persoas coma peóns/peoas de horticultura e xardinería durante seis meses. Amais contratarase a unha persoa coma oficial/a de segunda carpinteiro, e a outra coma oficial/a de segunda fontaneiro, neste caso cunha duración do contratación de 9 meses e medio ou coma moito até o 31 de decembro deste ano.

Páginas

Suscribirse a RSS - Emprego