O Concello de Tui presentou esta mañá o libro “Teatro de Tui”
Na mañá de hoxe presentouse na casa do concello de Tui o libro “O Teatro de Tui” sobre o Teatro Principal de Tui, que foi editado polo Concello cunha tirada de 500 exemplares, e escrito por membros da extinta Fundación Teatro Principal. No acto estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o historiador, Suso Vila.





