O Concello de Tui cede temporalmente a Sala Xacobeo para a instalación provisional da Oficina do ORAL en Tui
O Concello de Tui cederá con carácter temporal e transitorio a Sala Xacobeo da Área Panorámica á Deputación de Pontevedra para a instalación, durante un máximo de 6 meses, da oficina do ORAL na cidade.
A oficina do organismo de recadación dependente da institución provincial, está pechada temporalmente en Tui nestes momentos debido a problemas de humidades que rexistraba o inmoble e que se viron agravados coa inundación sufrida o pasado mes de decembro.





