Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Presentación de en qué consiste o Diagnóstico e Plan de mellora do departamento de Urbanismo

Undefined

Mañá venres, 15 de marzo, ás 10.00h,  na sala de reunións do Concello de Tui presentarase en que consiste o Diagnóstico e Plan de Mellora do departamento de Urbanismo por parte da empresa ofertante, EOSA.

Comparecerán ante os medios do comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o representante da empresa EOSA, Manuel Veloso.

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas reunións cos veciños das parroquias de Tui

Undefined

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Esta semana vanse reunir o venres, ás 20.30h na Casa Cultural de Pexegueiro, e o sábado, a mesma hora, na Casa Cultural de Guillarei.

Nas últimas semanas o equipo de goberno mantivo encontros cos veciños das parroquias de Malvas, Pazos de Reis, Areas, Paramos, Rebordáns, Ribadelouro, Caldelas e Randufe.

O Concello de Tui avanza na tramitación das autorizacións para a reforma do Centro Municipal de Piragüismo

Undefined

Na mañá de onte o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto co arquitecto, Leandro Nogueira e  o director técnico do Kaiak Tudense – Axuda Paramos, Esteban Alonso, mantiveron unha reunión en Pontevedra coa xefa do departamento de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Susana Ribadulla, co obxectivo de avanzar na tramitación das autorizacións necesarias para executar as obras de reforma do Centro Municipal de Piragüismo.

Tui será o escenario da VII edición de “No bico un cantar” que reunirá a preto de 500 nenos e nenas de Galicia e Portugal

Undefined

Tui acollerá o venres, 7 de xuño, a sétima edición de “No bico un cantar” que congregará un coro de cincocentos nenos e nenas pertencentes a conservatorios profesionais e escolas de música de Galicia e o norte de Portugal.

Exposición do Censo Electoral

Undefined

Do luns 11 de marzo ao luns 18 de marzo estará exposto o Censo Electoral para as eleccións xerais que se celebrarán o 28 de abril de 2019.  O censo poderá consultarse nestas datas - ambas incluídas - de 9 a 14 h na Oficina de Empadroamento da Casa do Concello. Os electores do concello poderán consultar as listas e de ser o caso realizar as oportunas reclamacións. 

Bando Alcaldía

Mañá presentación da redacción dunha nova Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui

Undefined

Mañá venres, 8 de marzo, ás 11.30h, na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación do inicio da redacción dunha nova Relación de Postos de Traballo, RPT, do Concello de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Emprego, Mila González, e representantes da empresa adxudicataria dos traballos.

Tui coñecerá o 27 de marzo se forma parte da Red de Juderías de España

Undefined

O Comité de Admisións de Red de Juderías de España visita hoxe Tui dentro do proceso avaliador da cidade para formar parte desta rede, unha vez é xa finalista no proceso de admisión que está aberto.  Están en Tui a presidenta e alcaldesa de Hervás, Patricia Valle, a xerente, Marta Puig, xunto a representantes dos concellos de Monforte, e Ávila.

Ás 12.30h recepción á delegación da Red de Juderías de España que hoxe visita Tui

Undefined

Ás 12.30 h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a recepción á delegación da Red de Juderías de España que visita hoxe Tui para coñecer in situ o patrimonio xudeu da cidade, dentro do proceso de admisión da candidatura tudense para formar parte desta rede.

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas reunións cos veciños das parroquias de Tui

Undefined

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Despois de reunirse cos veciños de Malvas, Pazos de Reis, Areas e Paramos, esta semana a cita será o sábado, 23 de febreiro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns.

Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía