A segunda edición de ‘Coas mans na masa’ centrarase na elaboración artesanal de conservas e ungüentos naturais
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural segue apostando pola formación e posta en valor do territorio.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural segue apostando pola formación e posta en valor do territorio.
O Comité de Admisións de Red de Juderías de España visita hoxe Tui dentro do proceso avaliador da cidade para formar parte desta rede, unha vez é xa finalista no proceso de admisión que está aberto. Están en Tui a presidenta e alcaldesa de Hervás, Patricia Valle, a xerente, Marta Puig, xunto a representantes dos concellos de Monforte, e Ávila.
Ás 12.30 h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a recepción á delegación da Red de Juderías de España que visita hoxe Tui para coñecer in situ o patrimonio xudeu da cidade, dentro do proceso de admisión da candidatura tudense para formar parte desta rede.
O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Despois de reunirse cos veciños de Malvas, Pazos de Reis, Areas e Paramos, esta semana a cita será o sábado, 23 de febreiro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns.
Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.
O novo pavillón municipal de deportes de Tui acollerá este sábado. 23 de febreiro, a primeira xornada da Fase Sur de Judo alevín e infantil organizada pola Federación Galega de Judo, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Tui.
As obras de apertura da rúa Ourense estarán rematados na última semana do mes de marzo, incluíndo a execución do proxecto modificado que foi preciso realizar para solucionar unha serie de cuestións que se atoparon no inicio das obras. Ese modificado suporá un incremento do 25% no orzamento previsto inicialmente en 220 mil euros, pero en todo caso estará por baixo dos 314 mil euros nos que o proxecto sairá a licitación.
O novo folleto turístico da Ruta Xudía de Tui foi presentado este mediodía na casa do concello polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría.
Mañá venres, 15 de febreiro, ás 12.30 h o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, comparecerá en rolda de prensa, na sala de reunións da casa do concello de Tui, para falar das obras de apertura da rúa Ourense que se están a executar.
Esta semana comezou a redacción do Plan Director e Estratéxico de Turismo. Co obxectivo de que o propio sector turístico e a cidadanía poidan realizar as súas achegas, suxestións, ideas… habilitouse o seguinte enderezo electrónico: achegasturismotui@outlook.com
Este venres, 1 de febreiro, comeza a programación do primeiro semestre do ano en Tui. Vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural. Está conformada por seis espectáculos que se van levar a cabo no Teatro Municipal e seis eventos que se van celebrar até o mes de maio.
A presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, xunto a Elisa Alfaya, Eduardo Rodríguez “Tatán” e Avelino González.