Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Oito nenas e nenos saharauís pasan as súas Vacacións en Paz no Baixo Miño e no Val Miñor

Undefined

O Concello de Tui leva máis de dúas décadas colaborando coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí no programa “Vacacións en paz”. Unha iniciativa que permite a nenos e nenas saharauís pasar o verán en Galicia, lonxe das inhóspitas condicións do deserto, e acceder a unha asistencia sanitaria que no seu lugar de orixe é moi difícil.  Este ano son sete nenas e un nenos os que até comezos do mes de setembro pasarán esta época estival no seo de familias acolledoras nas comarcas do Baixo Miño e do Val Miño.

O Concello vén de conceder a licenza para a rehabilitación do edificio para os novos xulgados na praza de Galicia

Undefined

A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui concedeu esta semana á Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a licenza municipal de rehabilitación, reforma e cambio de uso do edificio situado na praza de Galicia, que anteriormente se destinaba a centro de saúde. O orzamento de execución de obra supera o 1,4 millóns de euros.

Música, cinema, gastronomía e deporte no Verán Cultural de Tui

Undefined

A música encherá o verán tudense nos distintos actos previstos dende esta fin de semana até o mes de setembro. A programación, que inclúe tamén cinema, deporte e gastronomía, foi presentada este mediodía na casa do concello. Esta oferta cultural vén recollida no número 36º da Axenda Corredoira Cultural da que se editan 15 mil exemplares que son distribuídos en Tui e Valença.  Esta publicación achega tamén a programación de outono/inverno conformada por oito eventos que se celebrarán no Teatro Municipal de Tui de outubro a decembro.

Remodelación nas delegacións do equipo de goberno ao deixar por incompatibilidade laboral Andrés Urseira dúas das súas áreas

Undefined

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, vén de remodelar as delegacións da alcaldía logo de que o concelleiro Andrés Urseira, por incompatibilidade laboral e de mutuo acordo co resto do equipo de goberno, deixará dúas das delegación que viña ocupando, como son as áreas de Deportes e Turismo. Porén seguirá ao fronte da Eurocidade e as Relacións Supramunicipais coma viña facendo dende o pasado mes de outubro.

Mañá preséntase a III Feira do Peregrino

Undefined

Mañá venres, 29 de xuño, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da III Feira do Peregrino organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

Participarán na presentación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, os concelleiros de Comercio e Cultura, Yovana Velázquez e Eduardo Freiría, respectivamente, e o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco.

Presentación da celebración do Pacto de Tui

Undefined

Mañá mércores, 27 de xuño, ás 11h, na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase a celebración do  “Pacto de Tui” que terá lugar o 6 e 7 de xullo na rúa Compostela. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e membros do grupo Son de Seu que actuarán na celebración do Pacto de Tui xunto a Teresa Salgueiro.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía