Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O goberno municipal levará a pleno unha moción para solicitar ao Ministerio que acometa o desentullo de Paramos

Undefined

O goberno municipal de Tui presentará unha proposta para o seu debate no pleno ordinario, do 29 de novembro, na que o Concello de Tui solicita ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública que acometa o desentullo da zona cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión. En concreto farase esta solicitude amparándose no artigo 11 da Ley 40/2015, de 1 de outubro, de Régimen Jurídico del Sector Público, propondo que sexa a empresa Tragsa quen acometa estes traballos.

O goberno municipal levará de novo a pleno o plan de mellora do departamento de Urbanismo

Undefined

O goberno municipal de Tui volverá levar ao pleno ordinario deste mes a proposta para realización dun plan de mellora do departamento de Urbanismo do Concello.  Así o avanzou o alcalde, Carlos Vázquez Padín, logo de que esta proposta quedara sobre a mesa na sesión de outubro.

O alcalde de Tui solicita á ministra de Política Territorial que se execute o proxecto de desentullo de Paramos mediante unha empresa pública

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu hoxe unha carta á ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, na que solicita que o seu ministerio proceda á xestión oportuna para executar o proxecto de desentullo da zona de cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión á empresa Tragsa.

Unha disposición adicional da Lei do Solo permitirá reconstruír ás vivendas fóra de ordenación na zona cero de Paramos

Undefined

A incorporación dunha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas afectadas na zona cero de Paramos que estaban fóra de ordenación. Esta foi unha petición que o Concello de Tui presentou á Xunta de Galicia para garantir así que todas as vivendas existentes previa a explosión do 23 de maio  se lles poderá dar licenza para a súa reconstrución.

O alcalde recibiu onte carta da ministra de Política Territorial na que da conta do traslado das súas solicitudes á Secretaria de Estado para a súa contestación en breve

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, recibiu onte unha carta da ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxel Batet,  na que lle comunica que tras recibir as cartas remitidas dende o Concello de Tui de data de 3 de outubro e 6 novembro, deu traslado das mesmas á Secretaría de Estado de Politica Territorial, para que dean resposta á maior brevidade posible.

O alcalde de Tui urxe en Madrid o inicio do desentullo da zona cero de Paramos

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, desprazouse a Madrid onde hoxe entregou persoalmente nos ministerios de Política Territorial e Interior dúas cartas dirixidas aos seus titulares, Meritxell Batet e Fernando Grande-Marlaska. Previamente diante do Ministerio de Política Territorial, portando un saco de entullo da zona cero de Paramos, lembrou a falla de concreción do goberno central sobre as actuacións no barrio da Torre en Paramos.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía