Peche do aparcamento municipal por tarefas de arranxo do firme
Mañá martes, 22 de outubro, de 7 h a 23.59 h estará pechado o aparcamento municipal, na traseira da Área Panorámica, debido a obras de arranxo do firme.
A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade, comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.
Mañá martes, 22 de outubro, de 7 h a 23.59 h estará pechado o aparcamento municipal, na traseira da Área Panorámica, debido a obras de arranxo do firme.
Efectivos da Policía Local e de Protección Civil de Tui realizaron nos últimos días un curso sobre “Soporte Vital Básico”.
Catro axentes da Políca Local e catro voluntarios de Protección Civil formáronse durante horas en técnicas de reanimación, RCP, pondo en práctica a teoría en maniquíes de reanimación tanto de persoas adultas coma de bebés. Ao tempo aprenderon cómo facer o uso correcto dos desfibriladores dos que están dotados as instalacións deportivas municipais e as propias instalacións da Policía Local.
. Dende hai unhas semanas estase a redactar o Plan de Mobilidade Sustentable, PMUS, do Concello de Tui por parte da empresa Eptisa, adxudicataria dos traballos.
A partir de mañá, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. O estacionamento gratuíto limitado no tempo a hora e media aplícase nestes viarios de 9 a 14 h e de 16 a 21h salvo domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.
O Paseo da Corredoira pecharase ao tráfico rodado e ao estacionamento durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto. A medida comezará a aplicarse este sábado, 6 de xullo, e estará vixente até finais de agosto. Deste xeito o sábado dende ás 14 h e até o domingo ás 00 h non se poderá estacionar nin circular no tramo do Paseo da Corredoira comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais.
O Concello de Tui presentou esta mañá o seu Plan de Emerxencias Municipal. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro e o encargado do Plan, Daniel Lorenzo da empresa encargada Previnem, foron os responsables de dar a coñecer o documento.
Mañá venres, 24 de maio, ás 10.00h terá lugar na Sala de Concelleiros da casa do concello de Tui a presentación do Plan de Emerxencias Municipal.
Estarán no acto o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e a concelleira de Emprego, Mila González, déronlle hoxe a benvida a tres novos membros da Policía Local de Tui. Foron seleccionados pola Academia Galega de Seguridade Pública, AGASP, e previa a súa incorporación en Tui terá que continuar a súa formación na Academia. No verán realizarán xa prácticas no Concello, e completarán a súa formación de novo na AGASP.
O concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro, informa que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, está xa operativa comezando coa súa función de voluntariado dando apoio a cabalgata de Reis que se celebrará mañá.
O concelleiro explica que esta iniciativa do goberno, contemplada no acordo programático, de reactivar a AVPC ven a verse cumprida pola posta en marcha da mesma, xa que é unha agrupación que está o servicio de todos os veciños de Tui.
Dende a Concellería de Seguridade avisan que por motivo da celebración da Cabalgata Internacional de Reis, que terá lugar este sábado día 5 de xaneiro, non se poderá estacionar nin circular nas rúas que percorre.
A partir das 14.00h non se poderá estacionar na Avenida de Portugal, rúa Martínez Padín, Augusto Besada, Calvo Sotelo e Corredoira. Tampouco se poderá circular polas mesmas a partir das 17.00h.
Prevese que o peche do tráfico será de unha hora e media ou dúas horas.