Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A condición fronteiriza do municipio fixo que de sempre as cuestións relativas á seguridade  tiveran gran importancia en Tui. Distintos corpos de seguridade teñen presenza na cidade,  comezando naturalmente pola Policía Local, que se encarga da seguridade e do tráfico en Tui, amais de facer cumprir as ordenanzas municipais, é, por suposto, o corpo policial máis cercano aos cidadáns.

Tui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa

Undefined

Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais, na que participaron tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio, Emprego, Formación e Igualdade, Ana Núñez, o concelleiro de Medio Rural e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Seguridade e Persoal, José Ramón Magán.

O Concello de Tui entrega a Protección Civil de Tui unha motocicleta

Undefined

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Tui vén de incrementar o seu parque móbil cunha scooter 150 entregada hai uns días polo Concello a este colectivo.

Esta motocicleta formaba parte dos vehículos da Policía Local, pero quedara en desuso coa incorporación de novos vehículos a este corpo. Por este motivo dende o concello decidiuse realizar a posta a punto da motocicleta e rotulala para poder ser empregada polos voluntarios e voluntarias de Protección Civil, que contarán así cun vehículo para desprazamentos curtos nas súas intervencións.

Xubilación do axente Esteban Álvarez tras 38 anos de servizo na Policía Local

Undefined

Tras 38 anos de servizo na Policía Local hai uns días xubilábase o axente Esteban Álvarez González. Na casa do concello o alcalde, Enrique Cabaleiro González , e o concelleiro de Seguridade José Ramón Magán, facíanlle entrega duns agasallos en agradecemento aos anos de servizo público.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou 242 servizo en 2021

Undefined

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou ao longo do 2021 un total de 242 servizos empregando nos mesmos 1.583 horas.  A súa intervención foi requirida a través do 112, da Policía Local, do Concello ou entidades locais. Os voluntarios da agrupación, pese a non estar operativos ao 100%, foron quen de acudir ao 75% dos servizos solicitados.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui contará cun vehículo todo terreo tipo pick-up

Undefined

Protección Civil de Tui vai contar un novo vehículo todo terreo tipo pick-up. O Concello de Tui presentara á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a solicitude ao abeiro convocatoria da liña de subvencións para a adxudicación de equipamento de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, paran os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Tui celebra o domingo 28 unha Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero

Undefined

O Concello de Tui, dentro dos actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, organiza a Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021. Celebrarase o domingo, 28 de novembro, ás 12 h con saída dende o Paseo da Corredoira. Será un percorrido de 7 quilómetros, de dificultade doada,  que dende o Paseo da Corredoira, irá pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, praia de Areeiros, Veiga do Louro, rúa Palláns, rúa Calzada, Coengo Valiño, Alameda de San Domingos, Xardíns de Troncoso, Paseo Álvarez Blázquez e regresará ao Paseo da Corredoira.

O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado 4 de decembro un concerto solidario organizado por Protección Civil de Tui a favor de SOS Tomiño Baixo Miño

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 4 de decembro, ás 18 h un concerto solidario a favor de SOS Tomiño - Baixo Miño organizado por Protección Civil de Tui coa colaboración do Concello de Tui. 

Presentación Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño – Baixo Miño

Undefined

Mañá venres, 5 de novembro, ás 12h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño-Baixo Miño que se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui o sábado 4 de decembro organizado por Protección Civil de Tui. 

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, de Juan Manuel González, presidente de Protección Civil de Tui e un representante de SOS Tomiño-Baixo Miño.

O Concello de Tui reformará o Pantalán de Pescadores na desembocadura do Tripes con cargo a fondos europeos

Undefined

O Pantalán de Pescadores de Tui, situado nas inmediacións do Centro Interfederado de Tui,  na desembocadura do río Tripes vai ser reacondicionado e remodelado dentro do proxecto “Río Miño: un destino navegable”aprobado polo programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). As obras foron adxudicadas a empresa tudense Ronáutica Quality Marinas S.L por un importe de 47.884.30 €

Pages

Subscribe to RSS - Seguridade