Tui agarda mañá a miles de persoas no seu XXXVI Concurso Desfile de Entroido
Todo preparado en Tui para recibir mañá a miles de persoas que gozarán do Martes de Entroido na cidade, onde mañá é festivo local.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Todo preparado en Tui para recibir mañá a miles de persoas que gozarán do Martes de Entroido na cidade, onde mañá é festivo local.
Un total de 1.223 persoas pertencentes a 15 comparsas van participar o próximo martes, 4 de marzo, no XXXVI Concurso Desfile de Entroido en Tui enchendo de corido, animación, música,.. as rúas novas da cidade.
Dende hoxe mércores, 26 de febreiro, ábrese o prazo de solicitude para a instalación de atraccións de feira e outros postos no espazo coñecido como Recinto Feiral (sito na rúa Mártires de Sobredo), durante as festas patronais de San Telmo en Tui que se celebrarán entre os días 19 e 28 de abril de 2025.
Mañá mércores, 26 de febreiro, ás 19.30 h o espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela acolle unha nova cita das Xornadas Rosendo Salvado. Será unha conferencia a cargo de Xoán M. Carreira e Maruxa Baliñas titulada “Salvado y la Sociedad Filarmónica de Perth”, na que afondará na actividade musical de Rosendo Salvado naquela cidade do occidente de Australia.
Mañá martes, 25 de febreiro, comezan as xornadas dedicadas á figura do egrexio tudense Rosendo Salvado que, dende hai catro anos organiza o Concello de Tui arredor do 1 de marzo en que se celebra o aniversario do seu nacemento na nosa cidade no ano 1814.
Esta primeira actividade consiste nunha conferencia a cargo de Valentín Carrera, escritor, xornalista, editor, blogueiro, autor de libros de viaxes e de ensaios e director da serie documental sobre Salvado realizada en catro episodios co titulo de “Rosendo Salvado: aventura e misión dun galego en Australia”.
As músicas e os músicos tudenses e da contorna reuniranse o próximo venres, 28 de febreiro, nunha Jam Session no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Nunha iniciativa conxunta do Concello de Tui, a través da concellería de Cultura, e a promotora local FB ProduXion.
Gran acollida á estrea do espectáculo “Transeúnte”, do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez este venres no Teatro Municipal de Tui, onde se agarda un cheo absoluto.
“Transeúnte” é un espectáculo de danza contemporánea no que estarán en escena catro bailaríns —Daniel Rodríguez, Javier de la Asunción, Laura García, e Andrea Pérez— e dous músicos en directo —Aida Tarrío, de Tanxugueiras, e Artur Puga, de Mondra—.
Dende o próximo martes 25 de febreiro e até o sábado 1 de marzo o Concello de Tui organiza unha nova edición das Xornadas Rosendo Salvado dedicadas á reivindicación do excepcional legado que este egrexio tudense ten aportado ao longo da súa vida. Lembrando a data do seu nacemento o 1 de marzo de 1814 este ano celébrase cuarta edición destas xornadas que reunirán en Tui a diversos especialistas na vida e obra do beneditino tudense e fundador da abadía de Nova Nursia na Australia occidental.
Este próximo domingo, 23 de febreiro, é o Día de Rosalía. Por este motivo o Concello de Tui elaborou un programa de actividades con propostas infantís, poemas na rúa e degustación do Caldo de Gloria.
Mañá venres, 14 de febreiro, abre o prazo de inscrición no Desfile-Concurso de Entroido 2025 que se vai celebrar o próximo martes, 4 de marzo, festivo local en Tui.
Poderán participar grupos e comparsas que deberán presentar por sede electrónica a súa solicitude xunto coa documentación requirida até o próximo martes 18 de febreiro ás 14 h. As bases completas poden consultarse na web municipal tui.gal. O extracto das mesmas vén hoxe publicado no BOPPO. Poderán participar un máximo de 15 comparsas e 3 grupos, tendo preferencia aquelas con domicilio social en Tui.