Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá celébrase a Xornada Turismo e Emprego: un futuro mellor para todos

Undefined

Mañá venres, 27 de setembro, celébrase na aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingo, a Xornada “Turismo e Emprego: un futuro mellor para todos” organizada polo Concello de Tui. 
No acto de inauguración participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo, María José Echevarria, a concelleira de Formación e Emprego de Tui, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o vereador de Turismo de Valença, José Monte.
O programa a desenvolver é o seguinte:
Ás 9.30h Acto de inauguración

O Paseo Fluvial de Tui acolle o I Tui Beer Fest, Festival da Cerverxa Artesá e Foodtruck

Undefined

O Paseo Fluvial de Tui acolle dende mañá venres, 27 de setembro, ata este domingo, 29 de setembro, o  I Tui Beer Fest, o Festival da Cervexa Artesá e Foodtruck organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns coa colaboración do Concello de Tui. Este evento foi presentado esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, pola concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e polo presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, Esteban Loureiro. 

As novas oportunidades do turismo coma xerador de emprego serán analizadas nunha xornada en Tui

Undefined

“Turismo e emprego: un futuro mellor para todos” é título da xornada que se vai celebrar o próximo venres, 27 de setembro, en Tui coa que o Concello se suma á conmemoración do Día Mundial do Turismo.  Terá lugar ao longo da mañá na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, e pola tarde está prevista unha visita guiada.

Esta xornada foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

Mañá preséntanse as xornadas “Emprego e Turismo” que se van celebrar o próximo venres 27 de setembro

Undefined

Mañá venres, 20 de setembro, ás 10 h, na sala de reunións da casa do concello de Tui presentaranse as Xornadas “Turismo e Emprego, un futuro mellor”, que o próximo venres, 27 de setembro se van celebrar en Tui coincidindo co Día Mundial do Turismo. 

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

Emprega Tui puxo en contacto hoxe a demandantes de emprego e empresas para coñecer as necesidades empresariais e como afrontar os procesos de busca de emprego

Undefined

Máis dun centenar de persoas en situación de desemprego coñeceron hoxe de primeira man cales son as cuestión que as empresas teñen en conta nas súas ofertas de emprego e cales son os perfís máis demandados.

Foi no transcurso do foro de emprego Emprega Tui que se desenvolveu na aula da UNED organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego, PIE. O foro comezou gardando un minuto de silencio en memoria das tres mulleres asasinadas onte en Valga, previo ao acto de apertura.

Concentración en repulsa do triplo asasinato en Valga hoxe martes ás 12 h

Undefined

A corporación municipal de Tui, e no seu nome o alcalde, Enrique Cabaleiro, quere amosar a súa condena ante o triplo crime cometido esta mañá en Valga, ao mesmo tempo que neste día queren estar o carón dos fillos, das familias e dos amigos de Sandra, Alba e Elena.

Este novo crime machista que deixa tanta dor e desesperación, non pode máis que servir para que a rabia que produce este triplo asasinato se converta en  forza para seguir traballando e erradicar dunha vez por todas, da nosa sociedade, a violencia contra as mulleres.

Un centenar de persoas participan mañá en Emprega Tui

Undefined

Mañá martes, 17 de setembro, ás 9.15 h na aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingo terá lugar a apertura do foro de emprego, Emprega Tui, que se vai celebrar ao longo da mañá con máis dun centenar de participantes. O acto de apertura correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

O programa a desenvolver é o seguinte:

Ás 8.45 h coa recepción dos participantes

Ás 9.15 h Presentación do foro da man do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía