En dous meses recibíronse 158 incidencias a través da APP Concello de Tui
O 53% da incidencias comunicadas a través da APP do Concello de Tui dende o apartado de incidencias están xa solucionadas e o 38% están en proceso de solución. Dende a activación deste servizo na aplicación móbil, a comezos do pasado mes de novembro, rexistráronse 158 incidencias das que 85 están solucionadas e 61 en proceso de solución. O tempo medio de resolución está situado en 5 días. Houbo amais 12 incidencias comunicadas con temas que non eran de competencia municipal.