Mañá preséntase a Aloiada 2019
Mañá martes, 11 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade Aloiada 2019, organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns, Maristas, Randufe e Caldelas, en colaboración co Concello de Tui.