Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá présentase o VI Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

Mañá xoves, 20 de xuño, ás 11.00 horas españolas, terá lugar, no salón de plenos da casa do concello de Tui, a presentación do VI Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento, organizado polo Club Deportivo Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, celebrarase este domingo, 23 de xuño, a partir das 10.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

Tui realizará o 30 de xuño a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado

Undefined

Este ano correspóndelle ao Concello de Tui realizar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado o próximo domingo, 30 de xuño, na Catedral de Lugo.

Por este motivo o Concello de Tui pon á dispor da cidadanía autobuses gratuítos para desprazarse até Lugo. As persoas interesadas en acudir á Ofrenda deberán inscribirse até o próximo martes 25, inclusive, na casa do concello de luns a venres de 9 a 14 h ou no teléfono 617 498 103 de 9.30 h a 13.30 h e de 16 a 21h.  Os autobuses sairán o domingo 30 ás 8 h.

O Tyde FC participa por sexto ano consecutivo no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold

Undefined

O equipo alevín do Tyde F.C.  vai participar por sexto ano consecutivo no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold, en Alemaña. A expedición tudense, formada por 53 persoas entre xogadores, directivos, adestradores e familiares, partirá o mércores ás 8 h dende a Estación de Autobuses de Tui.

Mañá ás 20 h descubrirase a placa do Paseo Familia Álvarez Blázquez

Undefined

Mañá sábado, 8 de xuño, ás  20 h terá lugar o descubrimento da placa do Paseo Familia Álvarez Blázquez, tras o acordo unánime da corporación municipal en pleno o pasado mes de abril.

O acto comezará na Glorieta de Vigo coa recepción dos membros da familia Álvarez Blázquez e convidados por parte da corporación municipal en funcións.

Máis de 50 persoas percorrerán mañá o tramo do Camiño Portugués entre Caminha a Tui nunha andaina organizada pola Asociación Iacobus

Undefined

Mañá sábado, 1 de xuño, a asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui organiza unha andaina polo Camiño de Santiago  Portugués no seu tramo de Caminha a Tui. Esta actividade foi presentada esta mañá no Concello de Tui por parte de Victoria Álvarez, Alfonso Ferreiro e Juanjo Sánchez, da asociación Iacobus, de Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura en funcións, e Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui en funcións.  

O Concello de Tui terá implantado nos vindeiros meses o Plan de Emerxencias Municipal

Undefined

O Concello de Tui presentou esta mañá o seu Plan de Emerxencias Municipal. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro e o encargado do Plan, Daniel Lorenzo da empresa encargada Previnem, foron os responsables de dar a coñecer o documento.

O Concello de Tui convoca un Concurso de Ideas para a Reordenación da Fronte Fluvial de Tui entre a vella Ponte Internacional e os Xardíns de Troncoso

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o Concurso de Ideas para a Reordenación da Fronte Fluvial. Estiveron no acto o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Davila, Manuel Martínez e Simón Pereiro da delegación en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia.

O Concello de Tui apostará polo transporte sustentable co Plan de Mobilidade Sustentable que se presentará en outubro

Undefined

Na mañá de hoxe tivo lugar a presentación do inicio do Plan de Mobilidade Sustentable (PMUS) para o Concello de Tui, adxudicado a empresa Eptisa por un importe de preto de 13.000 euros, financiados pola Deputación de Pontevedra na súa totalidade.

O documento definitivo, que será presentado, como data límite o 20 de outubro, será a folla de ruta para mellorar a mobilidade na cidade, dando prioridade ós peóns e transporte público ou eléctricos sobre os vehículos privados, reducindo así o gasto enerxético o e impacto medioambiental. 

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía