Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Presentación da Xornada sobre San Domingo: arte e historia

Undefined

O próximo luns, 5 de agosto, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Xornada sobre San Domingos: arte e historia que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui e da Asociación Amigos da Catedral.  Esta Xornada sobre San Domingo vaise celebrar o próximo mércores 7 de agosto.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros.

O mércores preséntase o Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo

Undefined

Este mércores, 24 de xullo, ás 11 horas, na casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo, organizado polo Club Ciclista de la Fuente, coa colaboración do Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo. Disputarase este domingo, 28 de xullo, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Recepción aos nenos e nenas saharauís que pasarán o verán en Tui

Undefined

Esta mañá tivo lugar na casa do concello de Tui a recepción aos tres nenos e nenas saharauís que pasarán o verán en Tui dentro do programa “Vacacións en Paz”.  O alcalde, Enrique Cabaleiro, deulles a benvida xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a concelleira de Igualdade e Xuventude, Ana Mª Núñez.

Son dúas nenas, Yamila e Mariem, as que por terceiro ano pasarán o verán en sendas familias acolledoras de Tui, e as elas sumouse este ano Omar que a primeira vez que viaxa a España e pasará tamén os próximos meses na cidade.

Música, historia, cinema e deporte na oferta estival do “Verán na rúa” en Tui

Undefined

A oferta estival do Concello de Tui para os meses de xullo e agosto recolle musica, historia, cinema e deporte baixo o lema de “Verán na rúa”. Esta programación cultural en Tui pivota sobre tres grandes eventos que se van celebrar na cidade. Son o IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla, a Festa do Miño, e o Festival da Cultura Arraiana, Arraianos.

Presentación da Programación do Verán Cultural 2019

Undefined

Mañá venres, 12 de xullo, ás 11.15 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación cultural do verán a celebrar nos meses de xullo e agosto.

Estarán presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, o coordinador da IV Aula Aberta de Saxofón, José Jorge Vicente, a directora do IKFEM, Andrea González, un representantes da Noite Internacional do Miño, a directora de Arraianos, Andrea Costa.

O Concello e a Confederación Hidrográfica manteñen o compromiso para asinar un convenio para construír a ponte peonil sobre o río Louro

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse esta mañá en Ourense co presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga Díaz, para abordar a recuperación do convenio entre ambas institucións para construír unha ponte peonil sobre o río Louro. Tras o encontro desta mañá o alcalde comprometeuse a pór de inmediato en marcha o proxecto expropiatorio dos terreos afectados pola construción desta ponte, un trámite que o rexedor agarda poder completar antes de finais de ano.

Susana Seivane presenta mañá en Tui “FA” o seu disco máis intimista e tenro

Undefined

“Sabendo Miradas”, “O Primeiro Baile”, “Sentirte, Amarte” ou “Papá Pum Pum” son algúns dos doce temas de “FA” o último traballo discográfico que Susana Seivane presentaba en setembro do ano pasado, e que mañá interpretará en Tui no concerto que ofrecerá a partir das 22.30 h na rúa Compostela.  Trátase dun disco intimista, romántico e tenro inspirado nos sentimentos da súa maternidade. O seu título “FA” son precisamente as iniciais dos nomes dos seus fillos Fiz e Antón.

Inauguración da exposición “Os óleos de Xulia” mañá sábado

Undefined

Mañá sábado, 6 de xullo, ás 19 h será inaugurada na Sala de Exposicións da Área Panorámica a mostra “Os óleos de Xulia” da pintora Julia Rodríguez Estévez, natural de Tui que reside na actualidade en Vigo.

O acto contará coa presenza amais da autora do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.

A exposición poderá visitarse até o domingo día 14 de xullo en horario de luns a sábado de 12 a 14 h e de 17 a 20 h e os domingos de 12 a 14h.

Tui celebra esta fin de semana o Concurso de Gaita e Tamboril e o Día da Muiñeira

Undefined

A cultura tradicional representada no noso folclore será a protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do V Concurso de Gaita e Tamboril e do VI Día da Muiñeira organizados pola Asociación Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.

Estes eventos foron presentados esta mañá na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura, Conchi Sales e Verónica Morais, presidenta e vogal da Asociación San Telmo.

Presentación do V Concurso de Gaita e Tamboril e Día da Muiñeira

Undefined

Mañá xoves, 4 de xullo, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o V Concurso de Gaita e Tamboril e o Día da Muiñeira que se van celebrar esta fin de semana en Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Educación e Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Conchi Sales,  Raquel Hernández Fernández e Verónica Morais Olalla, presidenta, secretaria e vogal da Asociación San Telmo, organizadora dos eventos.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía