Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui homenaxeou a Castelao cun percorrido histórico, enolóxico e musical

1/10/2025

O Concello de Tui sumouse este pasado domingo aos actos conmemorativos do Ano Castelao cun evento que combinou historia, viño e música para lembrar a traxectoria vital e creativa do autor.

O edificio da praza da Inmaculada acolleu esta celebración, na que o profesor e historiador Bieito Alonso guiou ao público nun percorrido pola vida e obra de Castelao. Fíxoo narrando a súa historia e falando da súa ampla obra en moi diversos eidos desde os ventanais do primeiro andar cara ao patio central.

A sumiller tudense Marina Cruces foi a encargada de presentar os viños vinculados dalgún xeito á vida do autor, non só galegos, senón tamén doutras terras como Arxentina. A música co acordeón, a guitarra e o violín de Alexandre González, Quico Paz Antón e Pancho Álvarez, contribuíu a crear unha atmosfera única.

Unha maridaxe perfecta entre historia, homenaxe, viños e música para honrar a figura de Castelao.