O Consorcio de Augas do Louro consigue 4,7 millóns de euros para mellorar a eficiencia do ciclo urbano da auga
O Consorcio de Augas do Louro, do que forman parte os Concellos de Tui, O Porriño, Mos, e Salceda de Caselas, dá un impulso definitivo á modernización e dixitalización das súas infraestruturas. O presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo, informou hoxe de que o proxecto presentado pola entidade supramunicipal recibirá 4.719.912,04 euros ao abeiro do PERTE para a dixitalización e modernización do ciclo da auga dos fondos europeos Next Generation UE, de acordo coa resolución provisional publicada polo MITECO.
 
 





