Este domingo celebrase unha actividade de ioga e meditación no Paseo Fluvial
19/06/2020
Será ás 10.30 h para conmemorar o Día Internacional do Ioga
O Concello de Tui organiza para este domingo unha actividade de ioga e meditación para conmemorar o Día Internacional do Ioga. Terá lugar ás 10.30 h no Paseo Fluvial a cargo de Vanesa Rodríguez. A participación está limitada a 25 persoas, e as prazas cubriranse por orde de chegada. Débese levar esteira.