A campaña turística 'Rio Minho: Un destino navegable' rexistrou 5.400 participantes
Ademais de ofrecer estes paseos fluviais, a Ruta do Río Miño puxo en valor o diverso patrimonio natural, cultural e etnográfico de dúas eurocidades, Tui-Valença e Salvaterra-Monção, posicionando o Miño como un destino turístico único e diferenciado.
Inaugurada o 17 de decembro de 2021 e impulsada en FITUR e na BTL, Bolsa de Turismo de Lisboa, a ruta fluvial comezou a funcionar a finais de febreiro, coincidindo coa época do Entroido. Ante a demanda, en Semana Santa e verán, tivo que ampliar o seu horario.