Semana Europea da Mobilidade
A Eurocidade Tui-Valença súmase á Semana Europea da Mobilidade promovida pola Comisión Europea que se celebra do luns 16 ao domingo 22 de setembro
Programa
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
A Eurocidade Tui-Valença súmase á Semana Europea da Mobilidade promovida pola Comisión Europea que se celebra do luns 16 ao domingo 22 de setembro
Programa
Esta mañá celebrouse no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença o brinde de benvida da 5ª edición do Encontro profesional de Músicas, MUMI 2024, no que participaron José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença; Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC); e representando á organización do MUMI en Galiza e Portugal, Diana Martins e Manuel Vicente que destacou “o grande interese do sector por estar presente nesta edición do MUMI, na que participarán 250 profesionais que terán a opor
O MUMI a súa 5ª edición cun serán no que a as persoas poden achegarse para bailar, tocar e pasalo ben. O Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal quere poñer o foco na música tradicional de base, apostando por darlle espazo dentro do contexto profesional, como un eixe clave da nosa cultura.
O V Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal, que se celebrará do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença, preséntase de novo como escaparate da rentrée musical conxugando a súa dobre función de mercado para a industria musical, e festival aberto ao público con propostas gratuítas a pé de rúa.
Do 9 ao 15 de setembro vaise celebrar o X Torneo de Tenis da Eurocidade Tui-Valença Memorial Suso de Moaña organizado polo Club Tenis Tui. Celebrarase nas pistas municipais de tenis en Areas, Tui, e na pista de tenis de Valença. Forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença-
A inscrición está aberta até o martes 3 de setembro en ibertenis.com. O sorteo realizarase o 4 de setembro ás 12 h.
Establécense as seguintes categorías:
Mañá martes, 9 de xullo, ás 11:30 h ES presentarase un avance da programación do V ENCONTRO PROFESIONAL DE MÚSICA GALICIA-PORTUGAL, MUMI 2024. O acto terá lugar na Pousada da Fortaleza de Valença.
O Encontro Profesional de Músicas Galiza-Portugal 2024, MUMI, celebrarase na Eurocidade Tui-Valença do 12 ao 15 de setembro.
Os galegos Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo; e os portugueses Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma, presentarán a súas propostas musicais nos showcases do MUMI do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença.
A Eurocidade Tui-Valença acollerá do 17 ao 21 de xullo a 12ª edición do IKFEM Festival. Concertos únicos, enogastronomía, artes emerxentes e experiencias inclusivas encherán de creatividade Tui e Valença.
O IKFEM Festival brindará en cada concerto unha maridaxe única entre as culturas das dúas beiras do Miño con fusións musicais e diversidade de xéneros.
Récord de participación esta fin de semana no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade, que esta fin de semana se vai celebrar no no pavillón deportivo municipal de Valença.