Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

Últimos días para participar nos showcases do MUMI 2023

Undefined

Queda exactamente unha semana para que artistas e bandas galegas e portuguesas interesadas en abrir novos mercados envíen as súas propostas musicais para optar a participar nos showcases que se celebrarán en distintas localizacións de Tui e Valença dentro da cuarta edición do MUMI. As inscricións son gratuítas e poden facerse ata o próximo venres 2 de xuño a través da web mumimusicas.eu. Poden presentarse todas as bandas ou artistas de Portugal e Galiza que teñan un proxecto musical de carácter profesional, independentemente do tipo de formación ou estilo.

Mañá terá lugar a presentación da IV Edición do Encontro Profesional de Músicas MUMI 2023

Undefined

Mañá xoves, 11 de maio, ás 11 h ES na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Encontro Profesional de Música Galicia - Portugal, MUMI. 

Na presentación participarán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Ánxela Vila e Diana Martins, representantes do MUMI en Galiza e Portugal.

O MUMI 2023 volverá conectar artistas e profesionais da industria musical de Galiza e Portugal en setembro

Undefined

O encontro profesional das músicas do Minho xa ten datas para a edición 2023. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, xornalistas e público xeral teñen unha nova cita na Eurocidade Valença-Tui do xoves 21 ao domingo 24 de setembro. Esta edición amplíase a catro días de música e encontros profesionais que terán lugar en localizacións emblemáticas de ambos municipios e que converterán de novo á Eurocidade nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países.

Éxito do I Congreso Internacional de Tui-Valença

Undefined

Éxito do I Congreso Internacional de Educación celebrado o pasado venres e sábado na Eurocidade Tui-Valença.

Máis de 300 persoas asistiron presencialmente ás distintas ponencias tanto no auditorio da Escola Superior de Ciencia Empresariais en Valença coma no Teatro Municipal de Tui, ás que se suman as máis de 500 visualizacións que as retransmisións en directo das dúas xornadas suman xa nestes momentos.

Destacados expertos e expertas en Educación danse cita no I Congreso Internacional na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Destacadas persoas expertas en educación a nivel nacional e internacional participarán no I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença que durante dúas xornadas, venres e sábado, se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade