Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto de Nadal da Eurocidade "Nadal de Cristal"

Data: 
16/12/2023
Lugar: 
Teatro Municipal

O sábado, 16 de decembro, ás 21.30 h ES o Teatro Municipal de Tui acollerá o concerto de Nadal da Eurocidade Tui-Valença titulado “Nadal de Cristal / Natal de Cristal”. Este evento impulsado pola Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui reunirá no escenario a 80 músicos de 4 formacións Kasual Quartet, o Coro infantil Vocalis Contrasta, o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença, e Mistura Vocal.

Este espectáculo, con estética invernal, plasmará os lazos de unións entre a poboación valenciana e tudense, fundindo dúas culturas e dous países, e amosando a beleza e a fraxilidade do Nadal.

Así sobre o escenario estará o cuarteto de jazz Kasual Quartet coa colaboración da cantante María Joao, doce nenos e nenas do coro infantil Vocalis Contrasta, 30 cativos e cativas do Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valenç dirixidos por Joao Azevedo e acompañados polo pianista Antonio Kent Queener e os 37 cantores e cantoras do coro Mistura Vocal baixo a dirección de Aloia Martínez.

“Nadal de Cristal / Natal de Cristal” conta coa dirección técnico-artística de Eva García e Juantxo García, e a dirección musical de Aloia Martínez.

As entradas para este concerto de Nadal da Eurocidade, poranse á venda hoxe martes, 5 de decembro, ás 17 h aos prezos de 6€ e 4,5€ a través das páxinas web tui.gal e cm-valenca.pt.

Entradas