Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Eurocidade Tui-Valença lanza o seu Calendario para este ano 2023

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario ilustrado con diferentes lugares das dúas cidades pintados polo artista portugués Antonio Nunes. Baixo o lema ‘A Eurocidade Tui-Valença non se sente, vívese!’ recóllense os principais monumentos e lugares emblemáticos das cidades para este calendario do 2023.

Cabalgata Internacional de Reis

Tui e Valença volverán a celebrar este xoves 5 de xaneiro a súa Cabalgata Internacional da Eurocidade. Trátase do único caso de cabalgata internacional entre España e Portugal eeste ano celebrará a súa 12ª edición con 3 quilómetros e medio de percorrido. 

Deste xeito, os Reis Magos de Oriente visitarán as rúas de ambos municipios, con saída dende a cidade portuguesa e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui preto das 19h para recibir aos máis pequenos que queiran pedir os últimos desexos. 

A Eurocidade Tui-Valença celebra o Nadal co concerto “Maxicamente”

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o Nadal cun concerto no que volve tender pontes musicais entre os dous municipios. Nesta ocasión será o venres, 23 de decembro, ás 21.30 h ES, no Teatro Municipal, nun evento musical titulado “Maxicamente” no que se propón unha viaxe musical na procura da maxia de todos levamos dentro.

Concerto Maxicamente

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o Nadal cun concerto o venres, 23 de decembro, ás 21.30 h ES, no Teatro Municipal, nun evento musical titulado “Maxicamente”.

As encargadas de conducir esta viaxe serán tres agrupacións das dúas beiras do río Mistura Vocal, Vocalis Contrasta e Kasual Quartet que sumarán 50 músicos en escena xunto ao actor Javier Fernández e baixo a dirección técnico-artística de Eva García e Juantxo García e a dirección musical de Aloia Martínez.

A animación musical volve á Eurocidade Tui-Valença co programa “Música na rúa”

Undefined

Esta fin de semana a animación musical volve ás rúas da Eurocidade Tui-Valença tras a actuación de seis agrupacións dos dous municipios no programa “Corais na rúa” a pasada semana.

Nesta ocasión serán catro entidades as que actuarán no Jardim Municipal de Valença e no Paseo da Corredoira en Tui, dentro do programa “Música na rúa”. Serán as charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos, e os grupos valencianos Trío Na(tal) e Río Abaixo os que actuarán tanto o sábado 17 coma o domingo 18.

A música coral anima a fin de semana na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Esta fin de semana a música coral será protagonista na Eurocidade Tui-Valença coa actuación seis agrupacións dos dous municipios no programa “Corais na rúa”. Serán as corais valencianas São Teotónio e Verdoejo e o Coro Infantil 1º Grau da Academia da Música da Fortaleza de Valença, e as tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo as que actuarán na praza da República de Valença e no Paseo da Corredoira en Tui tanto o sábado 10 e coma o domingo11.

Corais na rúa

A fin de semana do sábado 10 e domingo 11 de decembro a música coral será protagonista na Eurocidade Tui-Valença coa actuación seis agrupacións dos dous municipios no programa “Corais na rúa”. Serán as corais valencianas São Teotónio e Verdoejo e o Coro Infantil 1º Grau da Academia da Música da Fortaleza de Valença, e as tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo as que actuarán na praza da República de Valença e no Paseo da Corredoira en Tui.

CORAIS NA RÚA

Mañá preséntase a VI Urban Trail Night Eurocidade

Undefined

Mañá martes, 22 de novembro, ás 11.00 horas españolas, no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, terá lugar a presentación da VI Urban Trail Night Eurocidade, carreira nocturna organizada polas empresas Noko360 e Sra. Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A Urban Trail Night eurocidade celebrarase este sábado, 26 de novembro, a partir das 20.30 horas, con saída dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade