Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

VII Urban Trail Night Eurocidade

Data: 
25/11/2023
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

O sábado, 25 de novembro, celébrase a sétima edición da Urban Trail Night Eurocidade, unha proba única por ser un trail urbano, que se celebra de noite e que une dous países. Na edición de 2023 agardan chegar aos 500 deportistas inscritos. 

Haberá, ao igual que o ano pasado, dúas distancias de 8 e 16 Km. Amais a Urban Trail Night Eurocidade, sumarase aos actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que ademais coincidirá exactamente coa data da carreira, o 25 de Novembro. 

A proba sairá o 25 de novembro ás 19.30  h dende Valença e tras cruzar a vella Ponte Internacional a meta estará no Paseo da Corredoira en Tui.

A inscrición para a proba está aberta até ás 23.59 h deste mércores 22  de novembro en www.deporticket.com e en www.lap2go.com