Regulamento Camiño de Santiago Eurocidade 2025
Regulamento Camiño de Santiago Eurocidade 2025
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
Regulamento Camiño de Santiago Eurocidade 2025
A Eurocidade Tui-Valença organiza o calendario de Andainas Saudables a celebrar entre maio e novembro:
A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a cargo de catro formacións das dúas beiras do Miño este sábado, ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui.
Hoxe, 10 de febreiro, cúmprense 13 anos da sinatura do protocolo entre ambas cidades co que se materializou a creación da Eurocidade plasmando a nivel institucional as relacións que dende hai séculos manteñen as poboacións tudense e valenciana.
A Eurocidade Tui-Valença conmemora o seu 13º aniversario o sábado 15 de febreiro, ás 21 h ES, no Teatro Municipal de Tui cun concerto a cargo da Banda de Música Popular de Tui, a Associaçâo Musical de São Pedro da Torre, Old Bridge Band e o Conservatorio de Música Profesional de Tui.
A entrada será de balde ata completar aforo.
Estas catro agrupacións, integradas por músicos tanto tudenses coma valencianos tenderán novas pontes musicais para celebrar este aniversario da constitución da Eurocidade Tui-Valença.
A Comisión Organizadora do VIII centenario da consagración da Catedral de Tui reuniuse esta mañá na casa do concello de Tui para seguir avanzando no programa conmemorativo deste destacado aniversario.
A Eurocidade Tui-Valença conmemora o seu 13º aniversario cun evento musical que reunirá a catro formacións de ambos lados do Miño. O evento terá lugar o sábado 15 de febreiro, ás 21 h ES, no Teatro Municipal de Tui. A entrada será de balde ata completar aforo.
Trece eventos deportivos conforman o Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença para este ano 2025. Un programa único na Europa Occidental, coma explicaba esta mañá na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e que reforza as relacións entre as poboacións tudense e valenciana coma sinalou o presidente da Cámara de Valença, Jose Carpinteira.
Mañá mércores 5 de febreiro, ás 11.00 horas españolas, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025, que contará con 13 eventos deportivos, organizados por diferentes asociacións deportivas de Tui e Valença, así como por empresas especializadas.
O domingo 9 de marzo celebrarase a XII Eurocidade BTT organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.
Haberá dúas distancias, unha curta de 45 qm e unha longa de 75 qm, que se poderá elixir no momento da proba. Trancorrerá por unha contorna espectacular con patrimonio, natureza, conxuntos históricos entre dous países. Presentará novos percorridos con respecto a edicións anteriores.
A participación limítase a 1.200 persoas. A inscrición abre o domingo 2 de febreiro cos seguintes precios:
Unha gran montaxe teatral é a que chega esta semana á Eurocidade Tui-Valença da man do Teatro Nacional São João con “Fado Alexandrino”. A cita será este venres, 31 de febreiro, ás 20 h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 12 € e 9 €.
Tras a representación a semana pasada en Luxemburgo a compañía pecha en Tui a xira deste espectáculo que ten percorrido numerosos escenarios con esta adaptación teatral da considerada como a gran novela sobre a Revolución dos Cravos, do escritor portugués António Lobo Antunes.