Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.

Tamén se poden cursar estudos regrados de idiomas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas ou de música no Conservatorio Profesional de Grao Medio.  

A ampla oferta de actividades de extensión universitaria na Aula da UNED, cursos de formación ocupacional no Centro Municipal de Formación forman parte da oferta educativa tudense, que se completa cos cursos promovidos por distintas asociacións e entidades ao longo do ano. 

Recepción alumnado Erasmus + do IES Indalecio Pérez Tizón mañá martes

Undefined

Mañá martes, 2 de xullo, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, recibirán ao alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón que participou este curso no programa Erasmus +.

Recepción Alumnado Erasmus + do IES Indalecio Pérez

  • Martes, 2 de xullo, ás 12 h
  • Na sala de reunións da casa do concello

Preto de 250 nenos de 6º de primaria dos centros escolares de Tui participarán esta semana na Aloiada 2019

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse no concello de Tui a Aloiada 2019 na que van a participar os 8 centro educativos de Tui, CEIP Nº1, Nº2, CEIP Pazos de Reis, CEIP de Rebordáns, CEIP de Guillarei, CEIP de Randufe, CEP de Caldelas e CPR Sta Mº Maristas.

O Concurso “Matemáticas na raia” celebrarase en Tui esta fin de semana

Undefined

A Asociación Galega de Profesores de Matemáticas, AGAPEMA, e a Asociación de Profesores de matemática de Portugal, APM, organizarán esta fin de semana no concello de Tui, a fase final do concurso “Matemáticas na raia”. Participarán os alumnos e alumnas de 9º da Escola Básica de Aroes de Santa Cristina de Portugal e de 3º da ESO do IES Nº1 de Ordes.

O alcalde de Tui e a concelleira de Educación recibiron esta mañá ás alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón que participaron no programa Erasmus+

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González, recibiron esta mañá na casa do concello a Desiré Boquete e Ana Belén Piñeiro, alumnas do IES  Indalecio Pérez Tizón, que estiveron dous meses e medio na rexión italiana de Regio, grazas o programa ERASMUS + de mobilidade de alumando e profesorado dentro dos países da UE que  xestiona o SEPIE.

Máis de 80 expositores participarán na IV Mostra da Camelia Cidade de Tui que se celebra esta fin de semana

Undefined

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello de Tui a IV Mostra da Camelia Cidade de Tui, organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de TuiDeputación de Pontevedra e Sociedade Esp

Convocatoria de bolsas e aprobación das bases particulares reguladoras da convocatoria de becas de estudo para ensinanzas musicais do curso 2018-2019 no Conservatorio e Escola de Música de Tui

Convocatoria e bases reguladoras para bolsas de estudo para ensinanzas musicais do curso 2018/2019 para o Conservatorio/Escola de Musica de Tui.

Aprobadas en Xunta de Goberno Local en sesión realizada o 26 de novembro de 2018, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 241, de data 17 de decembro do 2018.
 

Instalada unha caldeira de pellets no antigo convento San Domingos

Undefined

O antigo convento de San Domingos, onde se ubica a aula da UNED de Tui conta xa cunha caldeira de pellets que permite dotar de calefacción a todo o edificio para que se poidan impartir así as distintas clases nas mellores condicións de climatización.

En concreto a instalación desta caldeira supuxo un investimento de 49.866,77€ con cargo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra

O Concello de Tui asume os desprazamentos dos escolares ao Teatro Municipal neste curso

Undefined

A concellería de Educación do Concello de Tui asume neste curso o desprazamento dos escolares dos distintos centros educativos de Tui cara ao Teatro Municipal de Tui para asistir as distintas funcións programadas nos próximos meses para o alumnado de Infantil e Primaria. Deste xeito búscase garantir a igualdade de oportunidades de todos os escolares para asistir a esta programación cultural que se realiza en horario escolar, proporcionando o desprazamento necesario aos centros educativos, segundo explicaba a concelleira de Educación, Mila González.

Os 11 alumnos e alumnas do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron o curso na súa aula tras repararse os danos causados pola explosión de Paramos

Undefined

Os once alumnos e alumnas da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron hoxe o curso escolar 2017/18 no seu centro logo de que foran reparados os danos ocasionados pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre.   Até o colexio achegáronse esta mañá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Estivo tamén presente a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez, a titora e pais e nais do alumando.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ensino