Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mañá preséntase a Aloiada 2019

10/06/2019

Mañá martes, 11 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade Aloiada 2019, organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns, Maristas, Randufe e Caldelas,  en colaboración co Concello de Tui.

Estarán presentes o alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez, o concelleiro de Deportes en funcións, Eduardo Freiría, a concelleira de Educación en funcións, Milagros González, a directora do CEIP Nº1, Nuria Garabal, o director do CEIP Nº2, Luís Ruiz, o director do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez, o director do CEIP de Rebordáns, José Luís Martínez, o director do CEIP de Guillarei, Víctor Rodríguez, a directora do CPR Santa María Maristas, Patricia Bugarín, a directora do CEIP de Randufe, Lúa María Montes, e a directora do CEP de Caldelas, Julia Fernández.