Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Concurso “Matemáticas na raia” celebrarase en Tui esta fin de semana

22/05/2019

Participarán 43 alumnos e alumnas do IES Nº1 de  Ordes e da Escola Básica de Aroes de  Santa Cristina, participarán na fase final deste concurso

A Asociación Galega de Profesores de Matemáticas, AGAPEMA, e a Asociación de Profesores de matemática de Portugal, APM, organizarán esta fin de semana no concello de Tui, a fase final do concurso “Matemáticas na raia”. Participarán os alumnos e alumnas de 9º da Escola Básica de Aroes de Santa Cristina de Portugal e de 3º da ESO do IES Nº1 de Ordes.

Ademais da final do concurso, que se celebra alternativamente en Portugal e España, se realizará un roteiro matemático polo conxunto histórico de Tui, unha visita turística á cidade de Valença, así como un descenso polo río Miño.