Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.

Tamén se poden cursar estudos regrados de idiomas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas ou de música no Conservatorio Profesional de Grao Medio.  

A ampla oferta de actividades de extensión universitaria na Aula da UNED, cursos de formación ocupacional no Centro Municipal de Formación forman parte da oferta educativa tudense, que se completa cos cursos promovidos por distintas asociacións e entidades ao longo do ano. 

Sesión gratuíta de Música en Movemento no Conservatorio

Undefined

Até mañá mércores está aberta a inscrición para a sesión gratuíta de Música e Movemento para nenos de 5 e 6 anos que este xoves vai impartir o Conservatorio Profesional de Música de Tui.  Será este xoves de 17 a 19 h  no propio centro.

Esta sesión brindará un achegamento á música dende un punto de vista totalmente lúdico baseado no xogo, baile e canto.  

O Concello de Tui acomete obras nos centros escolares do municipio

Undefined

O  Concello de Tui vén de realizar obras de mellora en todos os centros educativos intentando dar resposta as necesidades dos oito centros, incluídas as 5 unidades do C.R.A distribuídas nas parroquias. A concellería de Ensino, cunha partida inicial de 50.000€, levou adiante melloras de mantemento e conservación en todos os centros do noso municipio.

O alumnado do CEIP de Rebordáns preparou sobres con plantas medicinais para os peregrinos

Undefined

Este martes un grupo de alumnos do CEIP de Rebordáns visitaron a Oficina de Turismo de Tui para entregar unha colección de sobres con plantas medicinais, preparados por eles mesmos, aos peregrinos e peregrinas que visitan a nosa cidade. Alí explicáronlle a súa iniciativa ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e ao concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso. Ambos dirixentes agradeceron o seu traballo e a achega deste material. 

O cambio climático, a enerxía e a contaminación mariña centran mañá as actividades do programa do Día Mundial do Medio Ambiente

Undefined

Mañá venres, 11 de xuño, proseguen os actos organizados polo Concello de Tui para celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que comezaron a semana pasada. 

A Sala Municipal de Exposicións acollerá o programa de actividades previsto. 

Mañá abre o prazo de presentación de solicitudes ás axudas municipais de material escolar e comedor

Undefined

Mañá martes, 15 de setembro, abre o prazo de presentación de solicitude das axudas municipais de material escolar e comedor dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria para o curso 2020/21. Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades para conciliar a vida familiar e laboral.

Bases Reguladoras para a concesión de axudas municipais de material escolar e comedor Curso 2020-2021

Bases Reguladoras para a concesión de axudas municiapis de material escolar e comedor para alomnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa) educación primaria e secundaria do Concello de Tui -Curso 2020-2021-” e anexos.

Prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados dende o martes, 15 de setembro. 

 

O Concello de Tui acometeu obras de mantemento e conservación en todos os centros educativos con fondos propios e da Deputación

Undefined

O   Concello de Tui  vén de realizar obras de mellora en todos os centros educativos do municipio. O obxectivo foi dar resposta ás necesidades dos oito colexios tudenses incluídas as 6 unidades do Colexio Rural Agrupado, CRA, Mestra Clara Torres, distribuídas nas parroquias, e tamén da Escola de Musica e do Conservatorio de Grao Medio.

Até o luns 18 aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros educativos para o curso 2020/21

Undefined

Até o próximo luns está aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o curso 2020/2021.  O prazo quedara suspendido pola declaración de estado de alarma o 14 de marzo.

Este periodo vai dirixido ao alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aquel alumnado de Educación Infantil, de Educación Primaria, de ESO e de Bacharelato que desexa cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ensino