Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Concello de Tui asume os desprazamentos dos escolares ao Teatro Municipal neste curso

17/10/2018

A concellería de Educación do Concello de Tui asume neste curso o desprazamento dos escolares dos distintos centros educativos de Tui cara ao Teatro Municipal de Tui para asistir as distintas funcións programadas nos próximos meses para o alumnado de Infantil e Primaria. Deste xeito búscase garantir a igualdade de oportunidades de todos os escolares para asistir a esta programación cultural que se realiza en horario escolar, proporcionando o desprazamento necesario aos centros educativos, segundo explicaba a concelleira de Educación, Mila González.

Hoxe mesmo máis de 600 escolares de Caldelas, Guillarei, Randufe, Rebordáns, Pazos de Reis, CEIP nº2 e Colexio Maristas asistiron á representación de “O cego dos monifates. Romance de cans” da man de Viravolta títeres Seisdedos. Trátase dun romance de cego baseado no conto “Can branco, can negro”, de Mª Victoria Moreno. 

A primeira función, ás 11h na que participaron 419 escolares, foi financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa “María Victoria Moreno, a escena!” da Deputación de Pontevedra no Ano da Lingua. A segunda función, ás 12.45h correu a cargo do Concello de Tui brindando a oportunidade a 366 escolares máis de disfrutar desta obra.