Día Mundial do Medio Ambiente

Data:
4/06/2021
Lugar:
Tui
O Concello de Tui celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que ten lugar o 5 de xuño, co seguinte programa de actividades:
- Do 4 ao 15 de xuño
- Nos colexios do municipio realízase o obradoiro escolar “Xardín Infinito” consistente en construír un sistema illado simulando un ecosistema en miniatura para observar o proceso da fotosíntese, respiración e ciclos da auga.
- Venres 4 de 12 a 13.30 h
- Programa especial na Radio Municipal de Tui
- Venres, 11 de xuño
- Ás 16.30 h na Sala Municipal de Exposicións será inaugurada a mostra “Adaptación: a outra cara do cambio climático” do Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM.
- Ás 17 h no anexo desta sala haberá unha obra de teatro de monicreques para público infantil. Títeres en Tu casa representará “Operación Plancton” na que un biólogo mariño e o seu axudante investigan coma afectan os plásticos no mar aos animais mariños.
- Ás 19 h “Enerxía e Clima” na Sala Municipal de Exposicións dende ás 19 h. Charla obradoiro “Impactos do modelo enerxético. Factura Eléctrica” e proxectción do documental “We the power” sobre o movemento comunitario enerxético liderado por cidadáns en Europa.
- Sábado, 19 de xuño,“O monte en man común, xestión forestal e legado histórico” na Sala Municipal de Exposición.
- Ás 11 h proxección do documental “En todas as mans”
- Ás 13 h charla-debate sobre as comunidades de montes e xestións dos recursos forestais coa intervención de persoas e entidades que participaron no documental xunto a representantes de comunidade de montes e persoas ligadas á xestión forestal.