Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.

Tamén se poden cursar estudos regrados de idiomas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas ou de música no Conservatorio Profesional de Grao Medio.  

A ampla oferta de actividades de extensión universitaria na Aula da UNED, cursos de formación ocupacional no Centro Municipal de Formación forman parte da oferta educativa tudense, que se completa cos cursos promovidos por distintas asociacións e entidades ao longo do ano. 

Alumnado de 4º da ESO dos IES’s San Paio e Indalecio Pérez, do Seminario e do Colexio Maristas participan mañá no programa Cine nas Aulas

Undefined

Mañá mércores terá lugar a segunda proxección do programa Cine nas Aulas no Teatro Municipal de Tui. Asistirán un total de 198 alumnos e alumnas  e  profesores e profesoras de 4º de ESO dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón,  Seminario Menor San Paio e Colexio Maristas Sta María. Con esta película traballaran sobre valores como aceptación, amizade, igualdade, inclusión, respecto, superación, comprensión, liberdade, empatía, amor, lealdade, coraxe, dignidade.

Os nenos e nenas alzaron hoxe a súa voz contra a violencia de xénero no pleno infantil

Undefined

Sheila, Xoán, Elisa, Gabriel, Mara, Lorena, Carlos, Eva, Mara, Diego, David, Elena, Javier,.. foron parte dos nenos e nenas que esta mañá protagonizaron o primeiro pleno infantil celebrado no Concello de Tui coincidindo coa conmemoración este domingo, 20 de novembro, do Día Mundial dos Dereitos da Infancia. Unha sesión plenaria especial coa que amais o Concello de Tui abre un proceso de participación infantil e adolescente que hoxe neste pleno foi tamén refrendado por unanimidade.

O concello de Tui pon en marcha un proceso de dinamización da participación da infancia

Undefined

Dar voz ás preocupacións, inquedanzas e propostas da poboación máis nova do municipio, nenos, nenas e adolescentes, é o obxectivo do proceso de dinamización da participación infantil que vén de pór en marcha o Concello de Tui. A medio prazo buscarase poder chegar á declaración de Tui coma cidade amiga da infancia pola UNICEF.

Tui acolle unha nova edición do Cross Escolar Baixo Miño os días 3 e 4 de novembro

Galego

O Concello de Tui volve a acoller unha proba especial: o Cross Escolar Baixo Miño. Trátase dun evento de campo a través que se celebrará na Ribeira de Caldelas o xoves 3 e o venres 4 de novembro, logo de ter que ser adiada polas previsións meteorolóxicas. Trátase dun evento organizado pola Agrupación Deportiva do Baixo Miño (AGRUDEBAM), en colaboración co Concello tudense, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Comunidade de Montes de Caldelas.

Presentación do Cross Escolar do Baixo Miño

Undefined

Mañá mércores, 26 de outubro, ás 12.30 horas, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do Cross Escolar do Baixo Miño, organizado pola Agrupación Deportiva do Baixo Miño (AGRUDEBAM), en colaboración co servizo de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, co Concello de Tui e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui. Aínda que estaba previsto para esta semana, debido ás previsións de choiva, adíase para o xoves 3 e venres 4 de novembro, en horario lectivo, na ribeira de Caldelas de Tui.

Aberto até o 16 de novembro o prazo para solicitar as bolsas para ensinanzas musicais

Undefined

Até o 16 de novembro está aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais do curso 2021/22. No BOPPO número 199 do pasado martes, 18 de outubro de 2022, publicouse extracto do acto do acordo do 7 de outubro de 2022 da Xunta de Goberno Local, pola que se convocan as bolsas e se aproba as Bases Particulares Reguladoras da convocatoria de Becas de Estudio para Ensinanzas Musicais no Conservatorio Profesional e na Escola de Música de Tui. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ensino