Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Este sábado celébrase a III Ruta Histórica de Tui dentro das Andainas da Eurocidade

Undefined

Este sábado 5 de agosto, a partir das 22.00 horas españolas, dende o palco da música de Tui, no paseo da Corredoira, terá lugar a saída dunha nova andaina do Circuito de Trilhos e Andainas Saudables da Eurocidade. Nesta ocasión co nome de III Ruta Histórica de Tui percorrerá as rúas de Tui, visitando a capela de San Telmo, a da Misericordia, a Catedral de Santa María, e as igrexas de San Francisco, San Bartolomé e San Domingos.

Este sábado, 5 de agosto, celébrase o III Torneo de Kaiak Polo Virxe da Rocha

Undefined

Este sábado, 5 de agosto, celebrarase o III Torneo de Kaiak Polo Virxe da Rocha, organizado pola sección de Kaiak Polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui. Disputarase na Lagoa de Caldelas entre ás 9 e ás 18 horas.

Dende Combarro e Rodeira chegarán os equipos convidados, que xunto aos equipos do club organizador, realizarán un torneo con catro equipos en categoría absoluta e tres en categoría sub16.

O sábado 12 de agosto celebrarase o VI Torneo Eurocidade de Balonmán

Undefined

O sábado, 12 de agosto, a partir das 19.00 horas españolas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, celebrarase o VI Torneo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán.

No mesmo disputaranse dous partidos, un entre os equipos femininos do Balonmán Porriño e o SAR de Redondela, e outro entre os equipos masculinos do Condes de Albarei Teucro e o portugués Aguas Santas.

Os horarios dos partidos serán os seguintes:

Este domingo, 30 de xullo, dispútase en Tui o Campionato de Galicia Máster de Ciclismo

Undefined

Este domingo, 30 de xullo, a cidade de Tui acollerá o Campionato de Galicia Máster de Ciclismo, unha importante cita organizada pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista de la Fuente coa colaboración do Concello de Tui. O paseo da Corredoira será o lugar onde dará comezo a proba, con saída ás 10.30h. Despois dun percorrido con paso por zonas de Tomiño e O Rosal prevese que os participantes volvan a Tui para cruzar a meta sobre as 12.45h.

Hoxe presentación do Campionato de Galicia Máster de Ciclismo que se disputará este domingo 30 de xullo en Tui

Undefined

Hoxe mércores, 26 de xullo, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego Máster de Ciclismo, organizado pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Ciclista de la Fuente, coa colaboración do Concello de Tui. Disputarase este domingo 30 de xullo, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Nun mes será substituído o tarimado do pantalán do centro interfederado por un material de última xeración

Undefined

Dentro dun mes, o 21 de agosto, comezarán as obras de substitución do taboado de madeira no pantalán situado na rúa Olímpicos Tudense, a carón do Centro Interfederado e dos clubs locais de remo e piragüismo. Este traballos suporán un investimento de 20.611,07€.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, presentaron esta mañá as obras a realizar acompañados por Manuel Penas de Alfer Metal, e José Luís García do Club Kaiak Tudense.

Prazas dispoñibles para a segunda quenda dos Campamentos de Tui

Undefined

A segunda quenda dos campamentos de verán de Tui 2017 comezará o mércores 26 de xullo, a partir das 09.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, tras o remate da primeira quenda, na que participaron máis de cento cuarenta nenos e nenas.

Dado que aínda quedan prazas dispoñibles para esta segunda quenda, aquelas persoas interesadas en participar, terán que presentar no rexistro de entrada na secretaría do Concello de Tui a documentación solicitada, así como realizar o abono da taxa no departamento de tesourería, tendo de prazo ata o luns 24 de xullo, ás 14.00 horas.

Listaxe admitidos Campamento Urbano Tui 2017

Ata o xoves 22 de xuño teñen os admitidos nalgunha das dúas quendas do Campamento Urbano de Verán para efectuar o pagamento dos 30,56€ correspondentes a cada quenda. Os participantes na primeira quenda deben estar o 10 de xullo ás 9h no pavillón municipal, e os da segunda quenda o 26 de xullo á 9h no mesmo pavillón.  Este non haberá nin aula matinal nin de sobremesa. A recepción dos participantes farase cada día a partir das 8.45h.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes