Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado celébrase o Trilho Nocturno de San Fins dentro do circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade

19/07/2017

Realizará un percorrido de 9,5 quilómetros

 

Este sábado, 22 de xullo, celébrase a andaina nocturna de San Fins dentro do circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade.

O punto de encontro será o Mosteiro de San Fins, en Valença, ás 20 hora española ou ás 19.20h no aparcamento do Lidl en Valença.  Dende o Mosteiro de San Fins os participantes serán trasladados en autobús ata o Mosteiro de Ganfei, onde comezará o percorrido de 9,5 quilómetros de dificultade doada/moderada que rematará no Mosteiro de San Fins. Son tres horas aproximadas de duración para percorrer as freguesías de Ganfei e San Fins. Ao remate da andaina realizarase o avituallamento.

Como nas edicións anteriores, os participantes deberán realizar a inscrición, a través do enderezo electrónico do club, www.andatui.es, cun prezo establecido de 5€, e 3€ para os menores de 12 anos. Deberá levarse lanterna.

Toda a información poden atopala no facebook do calendario de andainas, Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables.