Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Condicións Xerais e solicitude Campamento Urbano Verán 2017

A Concellería de Deportes do Concello de Tui realizará durante o mes de xullo e o mes de agosto os Campamentos de Verán Tui 2017. Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio do campamento). O desenrolo dos Campamentos de Verán levaranse a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello.

Este sábado 15 de xullo pasará por Tui o X Rally das Donas de Vehículos Clásicos

Undefined

Este sábado 15 de xullo, a partir das 18.00 horas, o Paseo da Corredoira de Tui acollerá o paso do X Rally das Donas de Vehículos Clásicos, evento de regularidade histórica no que so poden participar equipos femininos. Está organizado pola Escudería Vigo Clásicos.

A saída realizarase dende o Centro Comercial Gran Vía de Vigo, ás 17.00 horas, e todas as participantes realizarán unha parada no Paseo da Corredoira de Tui, para continuar logo ata o Club de Campo de Vigo, onde rematará o evento.

O 22 de xullo celebrarase o I Campus de Fútbol Americano no Concello de Tui

Undefined

O sábado, 22 de xullo, as instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui, acollerán o I Campus de Fútbol Americano e Fútbol Flag, impartido polos responsables do Club Vigo Guardians, en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é brindar unha xornada gratuíta de iniciación e coñecemento deste deporte.

O campus realizarase en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 ata as 19.00 horas. Vai dirixido a xogadores dos dous sexos xa que o club dispón de sección feminina (actuais campioas galegas de Flag Football) e masculina, en idades a partir dos 14 anos, sen límite de idade.

Novo prazo de inscrición para as prazas dispoñibles no Campamento de Verán Tui 2017

Undefined

O Concello de Tui abre un novo prazo de inscrición para os Campamentos de Verán Tui 2017, dado que aínda quedan prazas dispoñibles para as dúas quendas.

Dende mañá martes, 27 de xuño, e ata este venres, 30 de xuño, poderanse realizar inscricións ata completar as prazas dispoñibles e por rigoroso orden de presentación de solicitudes no rexistro do Concello de Tui, en horario dende as 09:00 ata as 14:00 horas.

Os interesados tras realizar a inscrición no rexistro, deberán aboar a taxa do campamento, 30.56€ por quenda e participante, na tesourería do concello.

Mañá presentación mañá mércores da Aloiada 2017

Galego

Mañá mércores 14 de xuño, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade Aloiada, organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns e Maristas,  en colaboración co Concello de Tui, no que máis de 170 nenos e nenas de sexto de primaria destes colexios, realizarán diferentes actividades deportivas no Parque Natural do Monte Aloia e no río Miño.

A actual parella Nº3 do Ranking Mundial de Padel xogará un partido de exhibición en Tui

Galego

Patty Llaguno e Eli Amatriain actuais nº3 do Word Padel Tour, disputarán un partido de exhibición o próximo sábado 29 de abril, ás 16:30 horas, no Club Padel 8 de Guillarei, coincidindo coa final do Torneo Eurocidade San Telmo de Padel que reuniu a máis de 100 xogadores.

O tradicional torneo que se celebrou este ano por primeira vez nas instalacións de Padel 8 e na pista da Piscina Municipal de Valença, reuniu a xogadores portugueses e españoles, tanto na categoría Masculina/Feminina e Mixta.

Mañá preséntase o II Trail Monte Aloia

Galego

Mañá mércores, 26 de abril, ás 11.45 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do “II TRAIL MONTE ALOIA”, proba deportiva organizada pola Asociación Cultural Virxe dos Dores, en colaboración co Concello de Tui, que terá lugar este domingo 30 de abril.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, o presidente da Entidade Local Menor de Pazos de Reis, Enrique Pérez, así como os responsables da organización do trail, José Villaverde e Rafael Estévez.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes