Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta fin de semana rexistráronse actos vandálicos nas piscinas municipais e en Caldelas

31/07/2017

As piscinas municipais e o parque infantil de Caldelas foron obxecto esta fin de semana de actos vandálicos que causaron distintos desperfectos nas instalacións municipais. O custe dos danos xerados está a ser avaliado por técnicos municipais.

Por unha banda o persoal da piscina municipal alertou onte pola mañá dos desperfectos rexistrados na noite do sábado ao domingo nestas instalacións onde foron arrancadas as rexillas do borde das piscinas, danaron os aspersores e outro material e  tiraron produtos á auga. Onte tras unha primeira limpeza as instalacións puideron abrir con normalidade.

Amais no parque infantil de Caldelas, recentemente renovado, foi levando o céspede e o sistema de rego desta zona.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, denunciou estes feitos ao tempo que apelaba ao civismo da cidadanía para respectar as instalacións municipais garantindo así a súa conservación.