Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O MUMI incorpora coma novidade un encontro de editoriais musicais galegas e portuguesas no Espazo Loja

25/08/2023

O vestíbulo do Teatro Municipal acollerá o sábado 23 de setembro, dentro da progamación do MUMI, unha nova actividade dirixida á promoción e venda física de producións editoriais e discográficas da industria galega e portuguesa. Será no apartado denominado como Espazo Loja, e concebido como un Encontro de Editoras Musicais. Contará cos catálogos da portuguesa Tradisom, e das galegas aCentral Folque e Através Editora. O seu hoarrio será de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.30 h.  Tamén acollerá ás 17.30 h a presentación a novela gráfica “A Balada do Desterro” sobre Zeca Afonso obra da ilustradora portuguesa Maria João Worm e a escritora galega Teresa Moure. 

A novela está editada conxuntamente por aCentral Folque e Tradisom, e mostra ao Zeca Afonso visto, décadas depois, por duas mulleres. Esta novela gráfica de 192 páxinas a cor marca o debut da escritora Teresa Moure como guionista de banda deseñada. A autora estará en Tui presentando o libro canda a Ramón Pinheiro (aCentral Folque) e José Moças (Tradisom).

O Mumi celebrarase na Eurocidade Tui-valença do 21 ao 24 de setembro.