Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

Mañá mércores, 22 de xuño, ás 11.30 h no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, evento organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Celebrarase o domingo 26 de xuño, a partir das 10.30 horas, no pavillón municipal Gustavo Rodríguez.

A mocidade conversa co equipo da Axenda Urbana de Tui sobre a súa cidade

Undefined

“Poder movernos sen ter que depender de que as nosas familias nos poidan desprazar no coche”, esta é unha das principais demandas da mocidade dos institutos de ensinanza secundaria de Tui. O equipo da Axenda Urbana reuníuse no día co alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón e co do IES San Paio de Tui. Todos e todas elas coincidiron na necesidade de desprazarse ás súas actividades de xeito independente.

Un cine, espazos seguros para moverse e máis pistas deportivas entre as propostas do alumnado do CEIP Nº2 de Tui para a Axenda Urbana

Undefined

O proceso participativo da Axenda Urbana de Tui chega aos centros educativos públicos para reunirse co alumnado e escoitar de primeira man as súas inquedanzas e propostas. O primeiro centro en recibir ao equipo da Axenda Urbana de Tui foi o CEIP Nº2.

Tui acolle esta fin de semana a primeira proba do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60

Undefined

O río Miño ao seu paso por Tui acolle esta fin de semana primeira das tres probas do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60. Participarán pilotos galegos, entre eles o vigués Keko Pereira, cataláns, andaluces e o inglés Cristian Burguess. As outras dúas probas celebraranse en Tarragona e Jeréz de la Frontera.

Presentación do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60

Undefined

Mañá xoves, 16 de xuño, ás 12.00 horas, na Comandancia Naval do Miño, terá lugar a presentación do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui e a Comandancia Naval do Miño. Celebrarase este sábado 18 de xuño, nas augas do río Miño.

Extracto das Bases e Convocatoria proxectos piloto Axenda Urbana

Extracto da Orde TMA/957/2021, de 7 de setembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción local da Axenda Urbana Española e a convocatoria para a presentación desolicitudes para a obtención das subvencións polo procedimento de concorrencia competitiva.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía