Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O saneamento, a falla de autobuses e a ubicación das novas bolsas de solo industrial, principais preocupacións en Ribadelouro

Undefined

Asociacións veciñais e culturais das parroquias de Rebordáns e Ribadelouro, comunidades de montes veciñais en man común das dúas parroquias e o Club de Fútbol de Ribadelouro recibiron ao equipo da Axenda Urbana de Tui para trasladarlle as principais necesidades da súa veciñanza.

A Asemblea xeral da Red de Juderías de España abordou os proxectos do segundo semestre do ano

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asistiu o pasado venres, 24 de xuño,  á 60ª Asemblea da Red de Juderías de España - Caminos de Sefarad que tivo lugar en Lucena, onde se abordaron os proxectos presentes e os retos futuros desta entidade.

A humanización da Avenida de Portugal suporá unha mellora importante e prioritaria da entrada en Galicia dende Portugal

Undefined

A humanización da Avenida de Portugal suporá un investimento superior aos 600 mil euros. Trátase dunha obra “prioritaria e moi necesaria que contribuirá á transformar esta vía” segundo explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.  O rexedor tudense lembra que a execución desta humanización é unha vella reivindicación que está máis próxima de facerse realidade.

O Consorcio De Augas Do Louro entrega os premios aos/as gañadores/as da V edición do concurso de debuxo

Undefined

A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”. No mesmo participaron escolares de 3º e 4º de Primaria dos catro concellos consorciados.

Máis de 300 deportistas participan este domingo no VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo,  26 de xuño, dende ás 10.30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva está organizada polo Club Di Som Tui en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Esta competición reunirá a máis de 300 participantes de España e Portugal.

O transporte en tren e a protección do medio natural entre as prioridades do CEIP Nº1

Undefined

O  CEIP Nº1 de Tui despediu o curso escolar recibindo ao equipo da Axenda Urbana. Xuntos diagnosticaron a situación actual da cidade e adiantaron futuras iniciativas, sempre sostibles, para implantar.

O equipo da Axenda Urbana atopouse con interlocutores expertos coñecedores de cada un dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) moi conscientes da importancia de vivir en equilibrio. O alumnado do Nº1 vén de clausurar o seu congreso educativo ODS 2030 e de traballar ao longo do curso no coñecemento de cada un dos dezasete obxectivos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía