Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

Este fin de semana dispútase o 7º Torneo Eurocidade de Hoquei

Undefined

Dende hoxe venres, 10 de setembro, e até este domingo, 12 de setembro, celébrase o 7º Torneo Eurocidade de Hoquei, nas categorías sénior, escolares, sub13 e sub15, no pavillón deportivo municipal de Valença. Está organizado polo Valença Hoquei Clube, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.

Galandum Galundaina e Uxía ofrecen mañá o concerto de clausura do MUMI 2021 no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Mañá sábado, 11 de setembro, o MUMI 2021 despídese na Eurocidade Tui-Valença cunha xornada de programación aberta ao público. Animación nas rúas para público familiar na Praza de San Fernando de Tui e  na Fortaleza de Valença, showcase da banda portuguesa KÁUSTIKA, música na Corredoira de Tui con “La Duendeneta” e concerto de clausura con Galandum Galundaina + Uxía no Teatro Municipal de Tui.

Así é o MUMI 2021: venres 10 de setembro, encontro das salas de concertos e festivais e sete bandas ao vivo

Undefined

As tres xornadas do MUMI 2021 Encontro Profesional das Músicas no Minho arrancaron o xoves 9 coa benvida aos profesionais inscritos por parte da organización e dos concelleiros de Cultura de Tui e Valença, Sonsoles Vicente e Mário Rui de Oliveira respectivamente. 

Así é o MUMI 2021 na Eurocidade Tui-Valença: dezasete showcases, dous concertos especiais e faladoiros profesionais

Undefined

Bota andar o MUMI 2021 o xoves 9 de setembro na Eurocidade Tui-Valença cun programa cargado de música ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal queren tender novas pontes entre o sector da música.  Até o 11 de setembro, dezasete showcases de bandas e artistas portugueses e galegos, a estrea absoluta da Orquestra de Liberación Galego-Portuguesa na apertura do evento, faladoiros e encontros profesionais, e o concerto especial de peche que reúne no escenario aos Galandum Galundaina e a Uxía, dan corpo ao MUMI Encontro Profesional das Músicas no Minho.

A Red de Juderías promove o xogo participativo “Busca la llave del diálogo/Busca a chave do diálogo” no mes de setembro

Undefined

As cidades da Rede de Xudarías celebran, dende o 3 até o 30 de setembro, a actividade participativa e gratuíta “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”.

Mediante un xogo, os visitantes terán que desprazarse consecutivamente a tres puntos da xudaría de cada cidade, neste caso a de Tui, no marco dunha iniciativa con motivo da celebración dunha nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía.

Empresas e profesionais da música de Galicia e Portugal tenden novas pontes no MUMI, do 9 ao 11 de setembro

Undefined

Os dereitos das artistas, as diversas formas de apoio á cultura, o papel das salas de concertos e dos festivais, ou o asocianismo na xestión cultural serán algún dos temas que aborden os faladoiros programados polo MUMI 2021. Do 9 ao 11 de setembro a Eurocidade Tui-Valença acolle o Encontro Profesional das Músicas no Minho, cun programa completo que xa se pode consultar en mumimusicas.eu.

O CDG e a CTB presentan en Caldelas “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”

Undefined

A ribeira de Caldelas acollerá este venres, 27 de agosto, ás 22 h a representación de “A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño” coa historia das disputas e a unión final de dous pobos escrita hai 350 anos por Gabriel Feixoo de Arauxo. 

Pages

Subscribe to RSS - Eurocidade