Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Eurociudade Tui-Valença contará cunha estratexia con horizonte 2030

Undefined

O Concello de Tui, en colaboración coa Cámara Municipal de Valença, lidera os traballos para o deseño da "Estratexia e Plan de acción 2030" para a Eurocidade Tui-Valença. A iniciativa englóbase no marco do proxecto europeo UNICIDADE que busca afianzar os procesos de cooperación entre axentes das administracións públicas de ambos os municipios. Este proxecto foi aprobado con cargo ao programa de cooperación Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 e é cofinanciado nun 75% por fondos europeos.

700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia

Undefined

700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia, delas 500 participarán na categoría absoluta e 200 na infantil que se incorpora coma novidade esta edición.

A proba foi presentada esta mañá na casa do concello de Tui polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, o deputado de Deportes, Gorka Gómez, e por Serafín Martínez e Justi Peixoto da empresa organizadora. O Trail do Aloia está subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI.

 

Mañá preséntase o Trail do Aloia que se celebrará na fin de semana

Undefined

Mañá martes 2 de novembro, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Trail do Aloia. Este evento está organizado pola empresa NOKO 360 SPORTS CONSULTING, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase  esta fin de semana, o sábado 6 e domingo 7 de novembro, nas instalacións deportivas da Macoca, no Parque Natural do Monte Aloia.

A III Carreira de Orientación da Eurocidade contará con máis de 260 participantes

Undefined

Este domingo, 24 de outubro, terá lugar a III Carreira de Orientación da Eurocidade, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionado polo programa Interreg.

Nesta proba están inscritos un total de 260 deportistas, participando ao redor de 200 persoas en cada unha das probas.

Apertura das inscricións para a III Carreira de Orientación da Eurocidade

Undefined

Xa está aberto o prazo de inscrición para a III Carreira de Orientación da Eurocidade, que se celebrará o domingo 24 de outubro, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.

A proba celebrarase a partir das 10 horas españolas en Valença e a partir das 16.00 horas en Tui. A participación pódese realizar nunha proba, cun prezo de 6€, ou nas dúas por 10€ por participante.  As persoas menores de idade poderán anotarse gratuitamente, coa opción de recibir unha camiseta conmemorativa cun prezo de 3€.

O MUMI 2021, o encontro profesional da música galega e portuguesa, afonda na internacionalización e nas alianzas

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença congregou a boa parte das empresas e profesionais de Galicia e Portugal durante os tres días nos que se desenvolveu o MUMI 2021. Do 9 ao 11 de setembro, o Encontro Profesional das Músicas no Minho reuniu a máis de 120 profesionais inscritos que participaron en mesas redondas e reunións nas que se abordaron as posibilidades de colaboración, a profesionalización artística e a internacionalización de proxectos.

Pages

Subscribe to RSS - Eurocidade