Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

Este sábado celébrase a III Ruta Histórica de Tui dentro das Andainas da Eurocidade

Undefined

Este sábado 5 de agosto, a partir das 22.00 horas españolas, dende o palco da música de Tui, no paseo da Corredoira, terá lugar a saída dunha nova andaina do Circuito de Trilhos e Andainas Saudables da Eurocidade. Nesta ocasión co nome de III Ruta Histórica de Tui percorrerá as rúas de Tui, visitando a capela de San Telmo, a da Misericordia, a Catedral de Santa María, e as igrexas de San Francisco, San Bartolomé e San Domingos.

O sábado 12 de agosto celebrarase o VI Torneo Eurocidade de Balonmán

Undefined

O sábado, 12 de agosto, a partir das 19.00 horas españolas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, celebrarase o VI Torneo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán.

No mesmo disputaranse dous partidos, un entre os equipos femininos do Balonmán Porriño e o SAR de Redondela, e outro entre os equipos masculinos do Condes de Albarei Teucro e o portugués Aguas Santas.

Os horarios dos partidos serán os seguintes:

Presentación das actividades deportivas da Eurocidade

Undefined

Estes xoves, 2 de febreiro, ás 11 hora española terá lugar nos Paços do Concelho de Valença a presentación do programa de actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença para 2017.

Comparecerán ante os medios de comunicación o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o director rexional do I.P. D. J, Instituto Português do Desporto e da Juventude.  

A Eurocidade Tui-Valença premio do Deporte Galego 2012

Undefined

A Xunta de Galicia acordou a concesión á Eurocidade Tui-Valença Tui, do Premio do Deporte Galego 2012, na categoría do programa Galicia Saudable. Este recoñecemento valoriza o carácter pioneiro da cooperación transfronteiriza, desenvolvida polas cidades de Valença e Tui, co obxectivo de mellorar a saúde dos seus cidadáns,  a través da promoción da práctica da actividade física.        

O Alcalde asiste á inauguración das Xornadas sobre “Fronteira, Comunicación e Desenvolvemento” a celebrar ata mañá na Eurocidade

Undefined

Onte ás 16,00h foron inauguradas na Biblioteca Municipal de Valença as xornadas “Fronteira, Comunicación e Desenvolvemento” organizadas pola Real Code, a Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento que se van celebrar na Eurocidade ata o mediodía do sábado.

Pages

Subscribe to RSS - Eurocidade