Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Presentación das actividades deportivas da Eurocidade

Undefined

Estes xoves, 2 de febreiro, ás 11 hora española terá lugar nos Paços do Concelho de Valença a presentación do programa de actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença para 2017.

Comparecerán ante os medios de comunicación o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o director rexional do I.P. D. J, Instituto Português do Desporto e da Juventude.  

Máis de 600 alumnos participaron nas Xornadas de Educación Vial promovidas polo Concello

Undefined

A totalidade dos alumnos do CEIP nº1 e do CEIP nº2 de Tui participaron nas últimas semanas nas Xornadas de Educación Vial promovidas polo Concello de Tui, a través da Concellería de Seguridade, xunto á Dirección Xeral de Tráfico e a Policía Local, coa colaboración destes dous centros educativos.

Máis de 100 bailaríns participarán no “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”

Undefined

A cultura urbana chega a Tui nesta fin de semana por partida dobre. O pavillón municipal acollerá este domingo 29, a partires das 15:00 horas, o “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”.  Máis dun centenar de bailaríns participarán en diferentes coreografías e actuacións en grupo con integrantes dende os 4 anos en diante.

Pages

Subscribe to RSS - Deportes